miniatura|300x300px|O barco foi secuestrado fronte ás costas de Somalia.O cadrado vermello sinala a posición inicial da CanariasO cadrado negro situado ao sur indica o punto de secuestro do AlakranaO que está ao norte, o lugar onde estivo retido.A zona sombreada representa a área protexida pola operación Atalanta.
O secuestro do barco Alakrana, obra de piratas somalís, produciuse o 3 de outubro de 2009, ben a 413 millas das costas do sur de Somalia segundo algunhas fontes, ben a 120 millas náuticas (dentro da ZEE de Somalia) segundo a Audiencia Nacional. No momento da abordaxe, o pesqueiro atopábase faenando fóra da zona protexida pola Operación Atalanta.
O buque
O buque secuestrado consistía nun atuneiro conxelador propiedade da empresa Echebaster Fleet, con sede no municipio biscaíño de Bermeo.
A súa tripulación estaba composta no momento do secuestro por 36 tripulantes: 7 vascos, 1 andaluz e 8 galegos, estando o resto da tripulación composta por tripulantes de Indonesia, Ghana, Senegal, Costa do Marfil, Madagascar e Seychelles.
O secuestro miniatura|esquerda|Fragata Canarias (F-86). No seu auxilio acudiu a fragata Canarias, que levantara áncora o 10 de agosto de Rota (Cádiz) para incorporarse á Operación Atalanta canda outras forzas españolas.
A Canarias, se ben non conseguiu interceptar o atuneiro antes de que chegase a Harardhere, porto base dos piratas, si conseguiu capturar dous piratas que abandonaron o barco nun esquife. Estes foron enviados a España para ser xulgados por pirataría a requirimento da Audiencia Nacional.
Un dos piratas, Abdu Willy, declarou á súa chegada a España ser menor de idade. As primeiras probas, realizadas no Hospital Gregorio Marañón, acreditaron a súa maioría de idade. O xuíz solicitou probas adicionais, que foron realizadas por tres forenses da Audiencia Nacional e só puideron determinar con seguridade que era maior de 17 anos, co que o seu caso debía trasladarse á Fiscalía de Menores. Dito organismo declarouse non competente ao non ter cometido o presunto menor delito na Comunidade de Madrid. Finalmente, mediante unha ortopantomografía e radiografías óseas, determinouse que tiña unha idade superior a 18 anos, polo que o caso volveu ao xuíz Pedraz.
miniatura|Piratas somalís. Foto tomada no 2006 pola Armada dos Estados Unidos. A finais de outubro de 2009, tras concluír a súa participación na operación Active Endeavour da OTAN no Mediterráneo oriental, a fragata Méndez Núñez foi enviada como reforzo á zona para relevar a Canarias na operación Atalanta e permitirlle realizar os seus labores de mantemento, abastecemento de víveres e combustible. Logo, ambas fragatas permaneceron na zona.
Durante o secuestro, os piratas transvasaron gasolina do Alakrana ao Ariana MV, barco grego con bandeira de Malta e operado por axentes británicos que levaba secuestrado desde o 2 de maio de 2009 con 24 tripulantes ucraínos a bordo (3 mulleres entre eles) e que sería liberado 7 meses máis tarde.. Ao levarse a cabo esa operación de transvasamento de gasolina, os tripulantes do Alakrana que visitaron o outro barco decidiron darlle comida e medicamentos aos outros secuestrados, xa que, segundo palabras dos mariñeiros do barco español, unha das mulleres desa embarcación fora violada varias veces, quedándose embarazada e abortando; outra refén, unha nena duns 12 anos, tamén sufriu violacións por un "neno pirata". A medicación que lles subministraron os tripulantes do Alakrana foi tirada polos piratas á auga. A nai da nena violada intentou en van que os piratas permitisen que os mariñeiros españois levasen a súa filla.
Como medio de presión para conseguir a liberación dos dous piratas detidos en España, o xoves 5 de novembro de 2009 os piratas aseguraron ter desembarcado tres tripulantes do Alakrana: Patxi Valdés, primeiro oficial do buque; Antonio Manuel Pérez, electricista; e o mariñeiro Joaquín Fernández. En caso de non producirse a liberación dos seus compañeiros presos, ameazaron con asasinar ao cabo de tres días os reféns desembarcados, ou ben entregarllos ás familias dos piratas detidos. Esta mesma operación repetiríase con máis mariñeiros en caso de non ceder o Goberno español ás presións. Finalmente, foron devoltos a bordo o 7 de novembro. Posteriormente descubriuse que en ningún momento os levaron a terra e todo foi unha estratexia dos piratas para forzar ao Goberno.
O 16 de novembro a fiscalía da Audiencia Nacional rexeitou un acordo coas defensas dos presuntos piratas Raagegeesey e Abdu Willy, e anunciou que pediría para eles penas que poderían superar os 200 anos de cárcere.
miniatura|Fragata Méndez Núñez (F-104). O 17 de novembro de 2009, tras 47 días de secuestro, o Alakrana foi liberado tras o pago dun rescate duns 4 millóns de dólares (2,68 millóns de euros), pago que días antes da liberación, o armador xa realizara, segundo palabras do patrón da embarcación. Segundo o portavoz dos piratas, o pago xa se fixera dúas semanas antes. A demora entre o pago e a liberación final podería terse debido á xestión dos intermediarios. Ao igual que no secuestro do Playa de Bakio, o rescate foi pagado polo armador e o que a este lle reintegrase o seu seguro, pero para adiantar os trámites, parte da cantidade foi adiantada polos fondos reservados do CNI. No secuestro do Playa de Bakio, o CNI tivo que adiantar todo o rescate.
No momento do pago había 63 piratas de diferentes clans a bordo, o que parece indicar que no tempo que mediou entre o acordo e o pago en si, os piratas avisaron outros piratas para que participasen do botín. Durante o secuestro os piratas leváronse todas as pertenzas dos tripulantes, polo que algúns dos familiares que viaxaron ás Seychelles tiveron que levar roupa para que se puidesen cambiar.
Durante a liberación, os helicópteros das fragatas Canarias e Méndez Núñez intentaron sen éxito a captura dos últimos piratas que abandonaron o buque, chegando incluso a disparar contra eles. Tamén, e ao igual que ocorreu co Playa de Bakio, tivo que evitarse que fora recapturado por piratas doutro clan. Esta versión foi desmentida polo patrón do Alakrana, quen negou que se produciran disparos ou que se intentase capturar os piratas.
Tras a liberación, o Alakrana dirixiuse ás Illas Seychelles escoltado polas dúas fragatas, onde arribou o 20 de novembro de 2009.
O 3 de maio de 2011, os dous piratas somalís capturados, Cabdullahi Cabduwily, coñecido como Abdu Willy, e Raageggesey Hassan Aji foron condenados pola Audiencia Nacional a 439 anos de cadea, ao ser considerados culpables de 36 delitos de detención ilegal (11 anos por un), cinco anos por roubo con violencia e 36 delitos contra a integridade moral (un ano por cada un), absolvéndoos non obstante dos delitos de terrorismo, integración en banda armada, lesións e torturas, que solicitaban as acusacións particulares.
Bandeira do Alakrana Durante este secuestro, ao igual que durante o do Playa de Bakio, produciuse un debate sobre se estes barcos levaban izado o pavillón español, o que xustificaría ou non a súa asistencia por parte do goberno español. Publicáronse informacións alegando motivos nacionalistas polos que non levaría izado o pavillón español, até o punto de que a propia defensa dos piratas retidos en España recorreu a esas informacións para rebaixar as súas penas. A vicepresidenta do goberno María Teresa Fernández de la Vega asegurou que o Alakrana é "un buque con pavillón español", feito que tamén asegura o IOTC. Os avogados dos piratas sinalaron que "ese dato non aparece nas dilixencias".
Efectivamente, o Alakrana, ao igual que o Playa de Bakio, figura nos rexistros internacionais como español,Rexistro de buques ao contrario que outros buques da frota atuneira española que utilizan pavillóns estranxeiros, como os Intertuna I, II, III e IV, que levan bandeira das Seychelles. É frecuente o uso de pavillóns de conveniencia en augas do Índico. Aínda que o de Seychelles oficialmente non sexa considerado un, é tamén habitual entre a frota atuneira do Índico por motivos de evasión de impostos ou pola posibilidade de levar armas. Ademais, Port Victoria (Seychelles) resulta ser un dos portos seguros máis próximos á zona de pesca dos atuneiros, polo que en caso de calquera incidente, embarco e desembarco de persoal, ou descarga de pescado, ter unha bandeira dese país facilita poder atracar nese porto e navegar por esas augas.
Retorno a España miniatura|Manifestación en Ribeira pedindo o regreso dos secuestrados. Os 16 tripulantes españois retornaron a España o 21 de novembro de 2009 nun avión do Exército do Aire que aterrou na base de Torrejón de Ardoz. Mentres que os familiares galegos se trasladaron ás Seychelles no avión do exército para reencontrarse con eles o mesmo día 20 de novembro; os familiares vascos esperáronos na casa, uns por diversos motivos persoais e outros porque acordaron que o recibimento fose en privado, aínda que algúns medios obviaron eses motivos achacándoo a motivos nacionalistas. Os familiares do mariñeiro andaluz tampouco foron ás Seychelles.
Consecuencias
Durante o secuestro, o 2 de novembro de 2009, a lei española foi modificada para permitirlle aos vixilantes de seguridade empregar armamento de até 12,70 mm nos buques con bandeira española, sempre que este sexa adquirido a fabricantes ou distribuidores asentados en España.BOE 2 de noviembre de 2009: Orden PRE/2914/2009, de 30 de octubre, que desarrolla lo dispuesto en el Real Decreto 1628/2009, de 30 de octubre, por el que se modifican determinados preceptos del Reglamento de Seguridad Privada, aprobado por Real Decreto 2364/1994, de 9 de diciembre, y del Reglamento de Armas, aprobado por Real Decreto 137/1993, de 29 de enero Igualmente, na nova reforma do código penal aprobada o 13 de novembro de 2009, contémplase a nova figura do delito de pirataría, que será castigado con até 15 anos de cárcere.
Ademais disto, desde o 14 de novembro, 54 vixilantes privados embarcaron nos pesqueiros españois que faenan no Índico.
O Partido Popular, apoiado polo Partido Nacionalista Vasco e o Bloque Nacionalista Galego, intentou reprobar no congreso a Vicepresidenta primeira, María Teresa Fernández de la Vega, a ministra de Defensa, Carme Chacón, e o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, pola xestión do secuestro, perdendo finalmente a votación.
Telefilme Telecinco emitiu o 25 de maio e 1 de xuño de 2012 un telefilme sobre o secuestro. Dirixiuno Salvador Calvo, escrito por Jorge Guerricaechevarría e protagonizado por Miguel Ángel Silvestre, xunto con Fernando Cayo. A produtora foi Telecinco Cinema.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O telefilme Alakrana en mitele.es Piratas somalís, a historia incompleta, vídeo en argia.com
Categoría:2009 Categoría:Relacións internacionais de España Categoría:Pirataría