O Alakrana é un buque de pesca atuneiro conxelador español,Rexistro de buques propiedade da empresa Echebastar fleet S.L., que ten o seu porto de rexistro en Bermeo (Biscaia) e que foi construído polos Astilleros de Murueta S.A., de Murueta.
Historial Primeiro intento de secuestro O 3 de setembro de 2009, conseguiu eludir un intento de secuestro cando navegaba a 495 millas de Somalia."El "Alakrana" elude un ataque pirata" europapress.es Consultado o 30 de xullo de 2014.
Secuestro
O Alakrana foi secuestrado por piratas o 3 de outubro de 2009,"Trece piratas con lanzagranadas y fusiles controlan el buque 'Alakrana'" El País. Consultado o 30 de xullo de 2014. ben a 413 millas das costas do sur de Somalia (segundo algunhas fontes), ben a 120 millas náuticas (por tanto dentro da ZEE de Somalia) segundo sentenza da Audiencia Nacional;Sentencia nº 10/2011 de la Sección Cuarta, Sala de lo Penal de la Audiencia Nacionalp.8, arquivado do orixinal o 2 de novembro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018 en calquera caso o buque faenaba lonxe da zona protexida pola Operación Atalanta,"Defensa dice que el barco secuestrado faenaba 'lejos' de la zona protegida" El Mundo. Consultado o 30 de xullo de 2014. dentro da zona de seguridade en augas internacionais segundo algunhas fontes, e, en augas somalís segundo outras. No seu auxilio acudiu a fragata Canarias, que levantou áncora o 10 de agosto de Rota (Cádiz) para incorporarse á Operación Atalanta, canda outras forzas españolas.
O 17 de novembro de 2009, tras 47 días de secuestro, o Alakrana foi liberado previo pago dun rescate duns 4 millóns de dólares.Diario de Navarra "Zapatero anuncia el fin del secuestro del 'Alakrana'". Consultado o 30 de xullo de 2014.
Durante a liberación, os helicópteros das fragatas Canarias e Méndez Núñez intentaron sen éxito capturar os últimos piratas que abandonaron o buque, chegando incluso a disparar contra eles. Así mesmo, e do mesmo xeito que ocorreu co Playa de Bakio, tivo de evitarse que fose recapturado por outros piratas doutro clan.El Mundo "Así fue liberado el 'Alakrana'". Consultado o 30 de xullo de 2014.
Tras a liberación, o Alakrana dirixiuse ás Illas Seychelles escoltado polas dúas fragatas, arribando a Port Victoria o 20 de novembro de 2009.
A consecuencia do secuestro, a lei española foi modificada o 2 de novembro de 2009BOE do 2 de novembro do 2009: Orden PRE/2914/2009, de 30 de octubre, que desarrolla lo dispuesto en el Real Decreto 1628/2009, de 30 de octubre, por el que se modifican determinados preceptos del Reglamento de Seguridad Privada, aprobado por Real Decreto 2364/1994, de 9 de diciembre, y del Reglamento de Armas, aprobado por Real Decreto 137/1993, de 29 de enero para permitir aos vixilantes de seguridade empregar armamento de até 12,70 mm nos buques con bandeira española, sempre que este sexa adquirido a fabricantes ou distribuidores asentados en España. En cambio, nas embarcacións doutras bandeiras si que está permitida a presenza a bordo de militares e a tenencia de armamento superior ao regrado para barcos españois.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Situación do Alakrana no momento do secuestro cadenaser.com
Categoría:Barcos de pesca Categoría:Barcos de 2005