Simun FadulTamén coñecido pola transcrición francesa do seu nome, Simon Faddoul. (), nado o 7 de xaneiro de 1958 en Dik al-Mahdi (Líbano) é un bispo católico maronita, actual bispo de Nosa Señora da Anunciación en Ibadan.

Traxectoria Simun Fadul naceu o 7 de xaneiro de 1958 en Dik al-Mahdi. O 9 de agosto de 1987 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Antelias, polo entón arcebispo Yusuf Bixara.

O 13 de xaneiro de 2014 o papa Francisco nomeouno exarca apostólico da África Occidental e Central e visitador apostólico da África Meridional. Coa elevación da sé o 28 de febreiro de 2018 foi nomeado primeiro bispo, recibindo a consagración episcopal de mans do patriarca de Antioquía Bixara Pedro al-Rai o 7 de abril.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil na páxina web da Arquieparquía de Antelias

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos de Nixeria