Mark Wheelis é un microbiólogo estadounidense que actualmente traballa na Universidade de California, en Davis.

Traxectoria Estudou na Universidade de California, Berkeley. En 1965 graduouse en ciencias biolóxicas. En 1967 fixo un máster en microbioloxía. En 1969 conseguiu o seu doutoramento en bacterioloxía.

Xuntamente con Carl Woese e Otto Kandler, foi un dos descritores do terceiro dominio da vida, o das arqueas (ou arqueobacterias).

Tamén é un experto en armas biolóxicas.

Os seus especiais intereses en investigación son: A historia da guerra biolóxica. O control das armas biolóxicas, e a filoxenia dos microorganismos.

Referencia Páxina web do doutor Mark Wheelis Consultada o 6 de agosto de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos Arqueas

Ligazóns externas Prokaryotic Small RNA Biology en Max Planck Institute for Terrestrial Microbiology. Consultada o 6 de agosto de 2014.

Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en ano descoñecido