Crónicas vampíricas (en ) é unha serie de televisión de drama sobrenatural creada por Kevin Williamson e Julie Plec. Está baseada na serie de novelas escrita por L. J. Smith. A serie estreouse a través da The CW o 10 de setembro de 2009. Emitiuse en galego a través da TVG.
O episodio piloto conseguiu unha audiencia para a canle The CW como ningunha outra estrea de serie o fixera xamais dende que a canle comezase en 2006. A primeira temporada conseguiu 3,6 millóns de espectadores e as seguintes tempadas mantiveron unha audiencia por enriba dos 2 millóns. Inicialmente, a serie recibiu críticas diversas, mais os críticos concordan que segundo avanzou a primeira temporada, a serie mellorou a súa calidade. As estreas das seguintes temporadas recibiron mellores críticas. A serie recibiu numerosos nomeamentos a premios, gañando catro People's Choice Awards e varios Teen Choice Awards.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web Ficha na IMDb
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2009 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2017 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega