O Pazo de Présaras é un pazo situado na parroquia de Présaras, no concello de Vilasantar.

Situación Atópase no lugar de Eirixe, fronte á igrexa da parroquia de Présaras, da que tamén funciona como casa reitoral.

Características Trátase dunha edificación do século XVIII con planta en forma de "L" e de dúas alturas. A estrutura está formada por muros de carga de cachotaría, agás nos esquinais e enmarcados dos vans que son de cantería de granito. Ten forxados e cuberta de madeira e tella do país, así como un grande escudo con helmo na fachada. Baixo o mesmo teito conviven a casa reitoral e unha vivenda. O terreo ten hortas e plantacións de froiteiros rodeadas de leiras e prados.

Historia Foi construído por Valentín Sánchez de Boado tras regresar do Perú como indiano. Tamén construíu a igrexa, cuxo conxunto escultórico encargou a Xosé Gambino.

Notas

Bibliografía

Véxase tamén Outros artigos Pazos de Galicia

Présaras Categoría:Vilasantar