As nanohaloarqueotas (Nanohaloarcheota) son un novo filo candidato do dominio das arqueas. Son arqueas de pequeno tamaño hiperhalófilas, que viven en lagos hipersalinos. A reconstrución por ensamblaxe metaxenómica de moitas librarías secuenciadas por análise filoxenética multilocus das augas hipersalinas do lago Tyrrell en Australia de mostras de xenomas arqueanos, levou a crear o grupo das Nanohaloarchaea (nanohaloarqueas), ás que inicialmente se lles deu categoría de clase dentro das Euryarchaeota. Análises máis detallados posteriores fixeron que foran propostas como un filo separado, as Nanohaloarchaeota, que comprenderían a única clase das Nanohaloarchaea.UniProt Taxonomy. Nanohaloarchaea As Nanohaloarchaeota forman parte do clado DPANN, xunto cos novos filos candidatos Diapherotrites, Parvarchaeota, Aenigmarchaeota, e Nanoarchaeota, cuxas iniciais forman o acrónimo DPANN.Christian Rinke, Patrick Schwientek, Alexander Sczyrba, Natalia N. Ivanova, Iain J. Anderson, Jan-Fang Cheng, Aaron Darling, Stephanie Malfatti, Brandon K. Swan, Esther A. Gies, Jeremy A. Dodsworth, Brian P. Hedlund, George Tsiamis, Stefan M. Sievert, Wen-Tso Liu, Jonathan A. Eisen, Steven J. Hallam, Nikos C. Kyrpides, Ramunas Stepanauskas, Edward M. Rubin, Philip Hugenholtz, e Tanja Woyke. Insights into the phylogeny and coding potential of microbial dark matter. Nature. Volume:499, Pages: 431–437. Date published: (25 July 2013). DOI: doi:10.1038/nature12352.

Notas

Véxase tamén Bases de datos científicas

Categoría:Arqueas