It Takes Two é un filme estadounidense dirixido por Andy Tennant que se estreou en 1995. Está protagonizado por Kirstie Alley, Steve Guttenberg, Mary-Kate Olsen e Ashley Olsen. O título do filme provén da canción "It Takes Two", de Marvin Gaye e Kim Weston.

Sinopse Alysa é unha nena que viaxa ata a residencia de campo do seu millonario pai para pasar alí as vacacións. Xusto ó carón da casa, a súa finada nai construíu un campamento de verán para nenos orfos. Alí coñece a Amanda, unha simpática nena coa que comezará unha fermosa amizade. Cando o pai de Alysa anuncia o seu compromiso cunha muller repelente e maniática, as dúas nenas decidirán amolala para que o pai de Alysa se namore da asistente social de Amanda.

Personaxes Mary-Kate Olsen como Amanda Lemmon Ashley Olsen como Alyssa Callaway Steve Guttenberg como Roger Callaway Kirstie Alley como Diane Barrows Jane Sibbett como Clarice Kensington Philip Bosco como Vincenzo Ernie Grunwald e Ellen-Ray Henessy como Harry e Fanny Burkis

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en TCM Movie Database

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andy Tennant Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre nenos Categoría:Filmes sobre orfos