Jean Marie Okutu, nado en Cotonou, Benín o 4 de agosto de 1988, é un atleta galego de orixe ghanesa, especializado no salto de lonxitude. Foi campión de España desta modalidade en once ocasións.
Traxectoria Jean Marie Okutu naceu en Cotonou, aínda que a súa familia é natural de Ghana. O seu pai, mariñeiro, traballaba daquela no porto da capital de Benín até que foi destinado a Marín, vila á que se trasladou Jean Marie Okutu á idade de 6 anos.
Comezou a practicar atletismo no club San Miguel de Marín e aos oito anos ingresou na Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O seu primeiro éxito chegou no 2005, cando se proclamou campión de España en categoría xuvenil, cun salto de 7,08 m.
Okutu foi campión de España absoluto de lonxitude ao aire libre en seis ocasións: 2009 (7.94 m.), 2011 (7,84 m.), 2013 (7,76 m.), 2016 (7,65 m), 2017 (7,54 m) e 2018 (8,01 m). Tamén acadou cinco campionatos nacionais en pista cuberta nos anos 2013, 2014, 2015, 2016 e 2020. O seu mellor resultado internacional até o día de hoxe foi a medalla de prata no Campionato Iberoamericano de 2012.
Vida persoal Un dos seus irmáns, Edemon, foi un dos mariñeiros falecidos na traxedia do Villa de Pitanxo, buque galego afundido en augas de Terra Nova en 2022.
Historial internacional AnoEventoLugarPostoMarca2012Campionato Iberoamericano de AtletismoBarquisimeto, Venezuela 2º7,87 m.2013Campionato de Europa de Atletismo en Pista CubertaGotemburgo, SueciaQ7,65 m.2013Campionato de Europa de Atletismo por Nacións (Superliga)Gateshead, Reino Unido 5º7,88 m.
Mellores resultados ProbaDataLugarMarcaSalto de lonxitude (aire libre)10/07/2016Serra Nevada8,17 m.Salto de lonxitude (pista cuberta)21/02/2015Antequera7,98 m.
Palmarés Internacional Campionato Iberoamericano de Atletismo - Salto de lonxitude 18px Prata: 2012
Galicia Campionato de Galicia ao aire libre - Salto de lonxitude (4): 2010, 2012, 2013 e 2014.
Nacional Absoluto Campionato de España de Atletismo - Salto de lonxitude (6): 2009, 2011, 2013, 2016, 2017 e 2018 Campionato de España de Atletismo en pista cuberta - Salto de lonxitude (5): 2013, 2014, 2015, 2016 e 2020
Promesa e júnior Campionato de España promesa ao aire libre - Salto de lonxitude (2): 2009 e 2010 Campionato de España xuvenil ao aire libre - Salto de lonxitude (1): 2010
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Okutu na web oficial da IAAF
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Cotonou Categoría:Atletas olímpicos de Galicia Categoría:Saltadores de lonxitude Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2016