Marburgvirus é un xénero de virus clasificado na familia Filoviridae, orde Mononegavirales,Kuhn, J. H.; Becker, S.; Ebihara, H.; Geisbert, T. W.; Johnson, K. M.; Kawaoka, Y.; Lipkin, W. I.; Negredo, A. I.; Netesov, S. V.; Nichol, S. T.; Palacios, G.; Peters, C. J.; Tenorio, A.; Volchkov, V. E.; Jahrling, P. B. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–2103. doi:10.1007/s00705-010-0814-x. PMC 3074192. PMID 21046175. que inclúe unha única "especie", o Marburg marburgvirus, que á súa vez contén dous "virus" de forma filamentosa, o virus Marburg (MARV, Marburg virus) e o virus Ravn (RAVV, Ravn virus). Ambos os dous causan unha febre hemorráxica moi grave, que afecta a humanos e outros primates, e considéranse Axentes selectos, patóxenos do grupo de risco 4 da Organización Mundial da Saúde (que requiren un nivel 4 de bioseguridade), e patóxenos prioritarios de categoría A dos Institutos Nacionais da Saúde/Instituo Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, e axentes de bioterrorismo de categoría A para os Centros para o Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos, e están na lista de Axentes Biolóxicos parra o Control de Exportación do Grupo Australia.

O nome Marburgvirus deriva da cidade de Marburg en Alemaña (onde se descubriu o virus Marburg) coa terminación virus propia dos xéneros. Os membros do xénero denomínanse marburgvirus. O xénero Marburgvirus, segundo as regras de nomenclatura do ICTV, vai sempre con maiúscula e cursiva precedida da palabra "genus". O nome da especie Marburg marburgvirus vai tamén con maiúscula e cursiva e nunca abreviada, e precedida da palabra "species". O nome dos virus membros da especie van con maiúscula pero non en cursiva.

Previas designacións Ata 1998, a familia Filoviridae contiña só un xénro, Filovirus.Kiley, M. P.; Bowen, E. T.; Eddy, G. A.; Isaäcson, M.; Johnson, K. M.; McCormick, J. B.; Murphy, F. A.; Pattyn, S. R.; Peters, D.; Prozesky, O. W.; Regnery, R. L.; Simpson, D. I.; Slenczka, W.; Sureau, P.; Van Der Groen, G.; Webb, P. A.; Wulff, H. (1982). "Filoviridae: A taxonomic home for Marburg and Ebola viruses?". Intervirology 18 (1–2): 24–32. doi:10.1159/000149300. PMID 7118520. Pero unha vez que quedou claro que os marburgvirus e os ebolavirus eran fundamentalmente diferentes, este xénero foi abolido e creáronse no seu lugar xéneros que se denominaron inicialmente "virus de tipo Marburg" ("Marburg-like viruses") para os marburgvirus e "virus de tipo Ebola" ("Ebola-like virus") para os ebolavirus.Pringle, C. R. (1998). "Virus taxonomy--San Diego 1998". Archives of virology 143 (7): 1449–1459. doi:10.1007/s007050050389. PMID 9742051. En 2002 estes nomes foron cambiados a Marburgvirus e Ebolavirus, e en 2010 e 2011 o xénero foi emendado.

A única especie deste xénero foi intoducida en 1998 como Marburg virus. Como a "especie" se confundía facilmente co seu "virus" membro, Marburg virus, o nome da especie foi cambiado a Lake Viktoria marburgvirus (marburgvirus do Lago Vitoria) en 2005. En 2010, propúxose cambialo ao nome actual Marburg marburgvirus (marburgvirus Marburg), e esta proposta foi aceptada en 2012 polo ICTV.

Criterios de inclusión no xénero Un virus que cumpra os criterios de ser membro da familia Filoviridae é membro ademais do xénero Marburgvirus se cumpre os seguintes criterios:Kuhn, J. H.; Becker, S.; Ebihara, H.; Geisbert, T. W.; Jahrling, P. B.; Kawaoka, Y.; Netesov, S. V.; Nichol, S. T.; Peters, C. J.; Volchkov, V. E.; Ksiazek, T. G. (2011). "Family Filoviridae". In King, Andrew M. Q.; Adams, Michael J.; Carstens, Eric B. et al. Virus Taxonomy—Ninth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. London, UK: Elsevier/Academic Press. pp. 665–671. ISBN 978-0-12-384684-6 |displayeditors= suggested (help) O seu xenoma ten un solapamento de xenes. O seu cuarto xene (GP) codifica só a proteína (GP1,2) e a edición cotranscricional non é necesaria para a súa expresión. O pico de infectividade dos seus virións está asociada con partículas de ≈665 nm de lonxitude. O seu xenoma difire do do virus Marburg (Marburg virus) en <50% a nivel de nucleótidos. Os seus virións case non mostran reactividade cruzada antixénica cos ebolavirións.

Organización do xénero Un xénero pode conter moitas especies; neste caso contén só unha. Unha "especie" vírica pode conter varios "virus" neste caso contén dous. + Xénero Marburgvirus (familia Filoviridae, orde Mononegavirales): especies e virus Nome das especies Nome do virus (abreviación) Marburg marburgvirus (especie tipo) Marburg virus (MARV) Ravn virus (RAVV)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas International Committee on Taxonomy of Viruses (ICTV)

Categoría:Virus