Homochrominae é unha subtribo pertencente á subfamilia Asteroideae dentro das asteráceas.
Descrición As especies desta subtribo son herbas (ciclo biolóxico anual ou perenne) ou arbustos. O indumento pode ser cos peliños nunha soa dirección e peludo, peludo (pelo longo e suave) ou lanudo (cuberta cunha pelella de como de lá en Lachnophyllum ). As follas ao longo do talo son na súa maioría en disposición alterna, ou opostas nos xéneros Amellus, Engleria, Felicia, Poecilolepis e Jeffreya. A lámina cos bordos enteiros, raramente lobuladas ou dentadas. As flores son solitarias ou están compostas duns poucos capítulos aglomerados en Nolletia e Chrysocoma. As cabezas das flores constan dun pedúnculo que soporta unha carcasa composta de diferentes brácteas non ciliadas e a miúdo con marxes hialinas, dispostas en varias series que serven como protección para o receptáculo de forma plana ou plano-convexa, con ou sen escamas, na que se encontran dous tipos de flores: as flores externas liguladas dispostas nunha serie con corolas de cor azul e as flores internas amarelas, tubulares e hermafroditas ou nalgúns casos funcionalmente masculinas. Os froitos son aquenios comprimidos con dous nervios e xeralmente non glandulares (á parte Nolletia ).
Distribución O hábitat é variado e depende do clima no que se encontra a especie en cuestión (tropical ou subtropical e mediterránea). As especies deste grupo distribúense principalmente en África e Asia. Xéneros A subtribo comprende 13 xéneros cunhas 150 especies. XénerosN. especiesDistribuciónAmellus L., 175912 spp. SuráfricaChamaegeron Schrenk, 18454 spp.Asia central e occidentalChrysocoma L., 175320 spp.SuráfricaEngleria O. Hoffm., 18882 spp.Angola e NamibiaFelicia Cass., 1818ca. 85 spp.Arabia e AsiaGymnostephium Less., 18328 spp.SuráfricaJeffreya Wild., 19742 sp.TanzaniaLachnophyllum Bunge, 18522 spp.Asia centralNolletia Cass., 182510 spp.África e EspañaPoecilolepis J. Grau, 19772 spp.SuráfricaPolyarrhena Cass., 18284 spp. SuráfricaRoodebergia B. Nord., 20021 sp.Roodebergia kitamurana B. Nord.SuráfricaZyrphelis Cass., 182910 spp.Suráfrica
Algunhas especies
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Homochrominae Global Compositae Checklist Database Homochrominae IPNI Database Homochrominae The Taxonomicon & Systema Naturae 2000 en UniProt Homochrominae The Astereae Working Group
Homochrominae