O virus Marburg ou Marburg virus (MARV) é un dos dous virus pertencentes á especie Marburg marburgvirus, causantes dunha febre hemorráxica viral grave en humanos e outros primates, que foi descuberto e descrito durante un pequeno gromo epidémico nas cidades alemás de Marburgo e Frankfurt e na capital de Iugoslavia (hoxe de Serbia) Belgrado na década de 1960. Uns membros do persoal dun laboratorio de Marburgo foron expostos accidentalmente a tecidos de monos infectados da especie (Chlorocebus aethiops). Durante o gromo, 31 persoas foron infectadas e sete delas morreron. O MARV é un Axente selecto, e un patóxeno do grupo de risco 4 da Organización Mundial da Saúde (que require un bioseguridade de nivel 4), un patóxeno prioritario de categoría A para os NIH/Instituto Nacional da Alerxia e Enfermidades Infecciosas dos Estados Unidos, un axente de bioterrorismo de categoría A dos CDC dos Estados Unidos, e está na lista de Axentes Biolóxicos para o Control da Exportación do Grupo Australia.
Nome O virus Marburg describiuse en 1967.Siegert, R.; Shu, H. L.; Slenczka, W.; Peters, D.; Müller, G. (2009). "Zur Ätiologie einer unbekannten, von Affen ausgegangenen menschlichen Infektionskrankheit". DMW - Deutsche Medizinische Wochenschrift 92 (51): 2341–2343. doi:10.1055/s-0028-1106144. PMID 4294540. Hoxe é un dos dous virus membros da especie Marburg marburgvirus (o outro é o virus Ravn), clasificado no xénero Marburgvirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales. O nome do virus deriva da cidade alemá de Marburg, onde se descubriu.Kuhn, J. H.; Becker, S.; Ebihara, H.; Geisbert, T. W.; Johnson, K. M.; Kawaoka, Y.; Lipkin, W. I.; Negredo, A. I.; Netesov, S. V.; Nichol, S. T.; Palacios, G.; Peters, C. J.; Tenorio, A.; Volchkov, V. E.; Jahrling, P. B. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–2103. doi:10.1007/s00705-010-0814-x. PMC 3074192. PMID 21046175. O nome do virus non se escribe en cursiva segundo as normas da ICTV, a diferenza do da especie e taxons superiores, e a súa abreviación oficial é MARV.
O virus Marburg foi presentado con ese nome en 1967. En 2005, o nome do virus cambiou a Lake Victoria marburgvirus (marburgvirus do Lago Vitoria), o cal desafortunadamente tiña o mesmo nome que se lle daba á especie daquela (diferenciábase só no uso da cursiva), Lake Victoria marburgvirus. Porén, a maioría das publicacións científicas seguían referíndose a el como virus Marburg (Marburg virus). En consecuencia, en 2010, acordouse restablecer o nome virus Marburg. O nome da especie é hoxe Marburg marburgvirus, que se dividiu en dous "virus", o virus Marburg e o virus Ravn. Unha abreviación previa utilizada para o virus Marburg era MBGV, e hoxe é MARV.
Criterios de inclusión no virus Un virus que cumpre os criterios para ser da especie Marburg marburgvirus é ademais un virus Marburg se o seu xenoma diverxe do protoripo Marburg marburgvirus, Marburg virus variante Musoke (MARV/Mus), en <10% a nivel de nucleótidos.
Enfermidade
O MARV é un dos dous marburgvirus que causa a enfermidade polo virus Marburg nos humanos, tamén chamada febre hemorráxica de Marburg. O MARV foi responsable dos seguintes gromos desa doenza: + Gromos de enfermidade polo virus Marburg debidos á infección polo MARV Ano Localización xeográfica Mortes humanas/Casos (taxa de mortalidade) 1967 Marburgo e Frankfurt en Alemaña Occidental (hoxe Alemaña), e Belgrado, Iugoslavia (hoxe en Serbia) 7/31 (23%)Smith, C. E.; Simpson, D. I.; Bowen, E. T.; Zlotnik, I. (1967). "Fatal human disease from vervet monkeys". Lancet 2 (7526): 1119–1121. PMID 4168558.Kissling, R. E.; Robinson, R. Q.; Murphy, F. A.; Whitfield, S. G. (1968). "Agent of disease contracted from green monkeys". Science 160 (830): 888–890. doi:10.1126/science.160.3830.888. PMID 4296724.Martini, G. A.; Knauff, H. G.; Schmidt, H. A.; Mayer, G.; Baltzer, G. (2009). "Über eine bisher unbekannte, von Affen eingeschleppte Infektionskrankheit: Marburg-Virus-Krankheit". DMW - Deutsche Medizinische Wochenschrift 93 (12): 559–571. doi:10.1055/s-0028-1105098. PMID 4966280.Stille, W.; Böhle, E.; Helm, E.; Van Rey, W.; Siede, W. (2009). "Über eine durch Cercopithecus aethiops übertragene Infektionskrankheit". DMW – Deutsche Medizinische Wochenschrift 93 (12): 572–582. doi:10.1055/s-0028-1105099. PMID 4966281.Bonin, O. (1969). "The Cercopithecus monkey disease in Marburg and Frankfurt (Main), 1967". Acta zoologica et pathologica Antverpiensia 48: 319–331. PMID 5005859.Jacob, H.; Solcher, H. (1968). "An infectious disease transmitted by Cercopithecus aethiops ("marbury disease") with glial nodule encephalitis". Acta Neuropathologica 11 (1): 29–44. PMID 5748997. 1975 Rhodesia (hoxe Zimbabwe) e Johannesburgo, Suráfrica 1/3 (33%)Gear, J. S.; Cassel, G. A.; Gear, A. J.; Trappler, B.; Clausen, L.; Meyers, A. M.; Kew, M. C.; Bothwell, T. H.; Sher, R.; Miller, G. B.; Schneider, J.; Koornhof, H. J.; Gomperts, E. D.; Isaäcson, M.; Gear, J. H. (1975). "Outbreake of Marburg virus disease in Johannesburg". British Medical Journal 4 (5995): 489–493. doi:10.1136/bmj.4.5995.489. PMC 1675587. PMID 811315.Gear, J. H. (1977). "Haemorrhagic fevers of Africa: An account of two recent outbreaks". Journal of the South African Veterinary Association 48 (1): 5–8. PMID 406394.Conrad, J. L.; Isaacson, M.; Smith, E. B.; Wulff, H.; Crees, M.; Geldenhuys, P.; Johnston, J. (1978). "Epidemiologic investigation of Marburg virus disease, Southern Africa, 1975". The American journal of tropical medicine and hygiene 27 (6): 1210–1215. PMID 569445. 1980 Kenya 1/2 (50%)Smith, D. H.; Johnson, B. K.; Isaacson, M.; Swanapoel, R.; Johnson, K. M.; Killey, M.; Bagshawe, A.; Siongok, T.; Keruga, W. K. (1982). "Marburg-virus disease in Kenya". Lancet 1 (8276): 816–820. doi:10.1016/S0140-6736(82)91871-2. PMID 6122054. 1987 Kenya 1/1 (100%)Marburg and Ebola viruses; Advances in Virus Research;