O Compostela FG foi un equipo de fútbol gaélico galego afiliado a Asociación Galega de Fútbol Gaélico e a Gaelic Athletic Association, formado no ano 2013 na cidade de Santiago de Compostela. Actualmente non compite.
Historia O 25 de xullo de 2013 nace o Compostela FG. Competiu na Copa Galega de Fútbol Gaélico da tempada 2013/14, na que rematou en 7º posto.
Clasificación 2013/2014 7º Copa Galega de Fútbol Gaélico
Uniforme Uniforme titular: Camisola vermella cunha franxa horizontal azul mariño. Pantalón azul mariño. Medias listadas vermellas e azul mariño. Uniforme alternativo: Camisola branca cunha franxa horizontal vermella. Pantalón vermello. Medias listadas brancas e vermellas.
Notas
Categoría:Deporte en Santiago de Compostela
Categoría:Equipos de fútbol gaélico de Galicia