Santo Ourente de Entíns é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 622 habitantes (271 homes e 351 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.001 habitantes. Patrimonio
esquerda|miniatura|Ara votiva de Banzas.
No lugar de Banzas atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo do Pobo Galego.
Nesta parroquia celébrase a romaría do Mal Cativo, na honra de san Campio. Tamén se venera a Santo Ourente, o seu patrón.
Durante o século XX, foi un dos máis importantes centros produtores dos chamados "sancosmeiros", feitos por mulleres, que os vendían nas feiras da Serra de Outes e de Noia, principalmente, pero antigamente tamén na Picota, en Mazaricos. Na actualidade é un símbolo que os veciños levan con orgullo, chegando a ser na década de 2010 o deseño da asociación veciñal Xente de Santo Ourente.
Lugares e parroquias Lugares de Santo Ourente de Entíns
Parroquias de Outes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outes
Categoría:Parroquias de Outes Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Ourente