Os iézidisForma empregada por exemplo en . (ou tamén en , Yezdi, Ezidy, ) é un grupo etnorelixioso kurdo. Segundo algunhas fontes, a súa relixión está conectada co antigo zoroastrismo e sufismo, mentres que outras fontes coidan que é unha combinación de xiísmo e islam sufí xunto con tradicións folclóricas locais. Viven principalmente na provincia de Nínive do norte de Iraq, unha rexión outrora parte da antiga Asiria e capital do Imperio Neoasirio. Tamén existen comunidades en Armenia, Xeorxia e Siria que están a declinar dende a década de 1990 como resultado dunha significativa migración a Europa, especialmente a Alemaña. Os iézidis cren en Deus como creador do mundo, que foi posto baixo a protección de sete "seres sagrados" ou anxos, sendo o seu "xefe" (arcanxo) Melek Taus, o "Anxo pavón".

Notas

Categoría:Grupos étnicos de Armenia Categoría:Grupos étnicos de Iraq Categoría:Grupos étnicos de Siria Categoría:Grupos étnicos de Rusia Categoría:Grupos étnicos de Turquía Categoría:Grupos étnicos de Xeorxia