Mercury Rising é un filme estadounidense dirixido por Harold Becker que se estreou en 1998. Está protagonizado por Bruce Willis e Alec Baldwin. O argumento baséase nunha novela de Ryne Douglas Pearson titulada Simple Simon. Willis interpreta a Art Jeffries, un axente do FBI que protexe un neno de nove anos con autismo que é perseguido por asasinos do goberno por ter descifrado un código secreto.
Sinopse Art Jeffries é un axente do FBI bastante insolente cos seus superiores, razón pola cal lle asignan as escoitas telefónicas. Un día, encárganlle a investigación do caso dun neno desaparecido, cuxos pais foron asasinados. Cando o atopa, resulta ser un autista de nove anos que ten unha prodixiosa capacidade para interpretar códigos do goberno teoricamente indescifrables.
Personaxes Bruce Willis como Axente Especial Art Jeffries Alec Baldwin como Tenente Coronel Nick Kudrow Miko Hughes como Simon Lynch Chi McBride como Axente do FBI Tommy Jordan Kim Dickens como Stacey Siebring John Carroll Lynch como Martin Lynch Kelley Hazen como Jenny Lynch L.L. Ginter como Peter Burrell Robert Stanton como Dean Crandell Bodhi Elfman como Leo Pedranski Kevin Conway como Axente Especial Joe Lomax Carrie Preston como Emily Lang Peter Stormare como Shayes John Doman como Hartley Richard Riehle como Edgar Halstrom Jack Conley como Detective Jack Nichols
Galardóns e nomeamentos 1998: Premio Razzie ó peor actor (Bruce Willis, tamén por Armageddon e The Siege).
Recadación A película tivo un orzamento duns 60.000.000$, e conseguiu uns 10.104.715$ na súa primeira fin de semana en 2.386 salas. En total, a película recadou en total 93.107.289$, dos que 32.935.289 foron nos Estados Unidos e 60.172.000 no resto do mundo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Harold Becker Categoría:Filmes con banda sonora de John Barry Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes rodados en Chicago Categoría:Filmes rodados en Dacota do Sur Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes sobre autismo