A dos dioxénidos (Diogenidae) é unha familia de crustáceos decápodos anomuros, unha das seis que integran a subfamilia dos paguroideos, e unha das dúas de cangrexos ermitáns, xunto á dos pagúridos,Rodríguez, Gilberto (1980): Los crustáceos decápodos de Venezuela. Caracas: Instituto Venezolano de Investigaciones Científicas. dos que se diferencian, entre outras cousas, porque a súa pinza esquerda é algo máis longa que a dereita.
Taxonomía Esta familia foi descrita en 1862 polo naturalista estadounidense de orixe prusiana Arnold Edward Ortmann.Diogenidae Ortmann, 1892 no WoRMS.
Comprende 429 especies viventes,, ás que hai que engadir 46 extintas, o que fai dela a segunda familia de cangrexos ermitáns, despois da dos pagúridos.
Xéneros Segundo o World Register of Marine Species, a familia comprende os seguintes xéneros:(Consultado o 26 de agosto de 2014)
Allodardanus Haig & Provenzano, 1965 Aniculus Dana, 1852 Areopaguristes Rahayu & McLaughlin, 2010 Bathynarius Forest, 1989 Calcinus Dana, 1851 Cancellus H. Milne-Edwards, 1836 Ciliopagurus Forest, 1995 Clibanarius Dana, 1852 Dardanus Paul’son, 1875 Diogenes Dana, 1851 Isocheles Stimpson, 1858 Loxopagurus Forest, 1964 Paguristes Dana, 1851 Paguropsis Henderson, 1888 Petrochirus Stimpson, 1858 Pseudopaguristes McLaughlin, 2002 Pseudopagurus Forest, 1952 Strigopagurus Forest, 1995 Tisea Morgan & Forest, 1991 Trizopagurus Forest, 1952
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0. McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resume
Outros artigos Paguroideos Pagúridos Cangrexo ermitán Cangrexo ermitán vermello
Ligazóns externas Diogenidae Ortmann, 1892 en Crustacea.net Consultada o 26 de agosto de 2014. Family Diogenidae Ortmann 1892 (hermit crab) en Paleobiology Database Consultada o 26 de agosto de 2014. Diogenidae no NCBI. Consultada o 26 de agosto de 2014.
Categoría:Anomuros