O cangrexo rugosoVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 65. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0, tamén chamado nécora francesa, nácura francesa ou nocra francesa (Liocarcinus corrugatus, Pennant 1777), é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos, moi abundante nas rías galegas.González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985), pp. 84-85.

Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1777 polo naturalista galés Thomas Pennant, que a designou co nome de Cancer corrugatus.Liocarcinus corrugatus (Pennant, 1777) no WoRMS.

Ao longo da súa historia, e antes de ser situada dentro do xénero Liocarcinus, foi coñecida polos sinónimos seguintes:

Cancer corrugatus Pennant, 1777 (basónimo) Cancer pellitus Forskål, 1775 Polybius (Necora) corrugatus (Pennant, 1777) Portunus borradailei Bennett, 1930 Portunus leachii Risso, 1827 Portunus strigilis Stimpson, 1858 Portunus corrugatus Pennant.Portunus corrugatus no Zipcodezoo.com

Características As principais características anatómicas externas de Liocarcinus corrugatus son:Ramonell, R. (1985), pp. 252-253.

Cacho trapezoidal, máis ou menos avultado, coas rexións bastante ben definidas, e un pouco máis largo que longo (até uns 5 cm de longo e 6 de largo), e coloración vermella intensa, frecuentemente con puntos amarelos ou violáceos, e con pequenas sedas rosas ou amarelas. A coloración do lado ventral é rosada. Superficie dorsal con numerosas quillas ou liñas transversais paralelas, saíntes, formadas pola agrupación de escamas provistas de curtas sedas que, ao tacto, parecen de veludo. A rexión frontal un pouco proxectada cara a adiante, con tres lóbulos, os dous laterais moi anchos, de marxes finamente granulosas. A marxe anterolateral do cacho con cinco dentes prominentes, máis ou menos agudos e de similar tamaño. Primeiro par de patas, ou quelípdos, robustos, desiguais (a pinza esquerda é algo máis grande que a dereita), cunha grade espiña na marxe interna do carpo. As patas do segundo ao cuarto par iguais e algo máis longas que os querlípodos, robustas, coas marxes moi sedosas. As do quinto par son as máis curtas, co dáctilo algo apanado, e de forma lanceolada, case oval, adaptado para a natación. Abdome triangular no macho, cos segmentos cuarto e quinto soldados; o da femia é máis ancho e arredondado, con sete segmentos libres.

Hábitat e distribución Común nos fondos detríticos, areosos ou rochosos desde os 10 até os 50 m de profundidade.

Distribúese polo Atlántico oriental, desde as illas Británicas até Guinea-Bissau e AngolaManning, R. B. & Holthuis, L. B. (1981): Africa Brachyuran Crabs (Crustacea: Decapoda). Smithsonian Contributions to Zoology, Number 306, Smithsonian Institution Press. Washington, USA., incluíndo as illas Azores, Canarias e do Cabo Verde, e en todo o mar Mediterráneo. Tamén se ten citado nos océanos Índico e Pacífico.

En Galicia Nas rías de Galicia é común en fondos de area, nos lombos, nos cantís e nas praias, e en zonas de area e pedras dispersas, abundado baixo as bateas mexilloeiras. En xeral, é mais abundante nas zonas das rías de maior influencia oceánica. Dado o seu interese comercial, péscase, empregando sobre todo o bou de vara e traballando pola noite, xa que durante o día este cangrexo permanece enterrado.

Nomes galegos Non existe aínda un nome vernáculo oficial para a especie. Na bibliografía consultada encontramos as seguintes denominacións:

Ríos Panisse rexistra para Portunus corrugatus os nomes de nácura francesa e nácura inglesa (ambas en Escarabote), nécora francesa (en Cambados) e nocra francesa (no Grove).Ríos Panisse, Mª C. (1977), p. 47. Ramonell, que cita a especie polo sinónimo Macropipus corrugatus, denomínaa nécora francesa, admitindo como sinónimos nácula inglesa, nocra francesa e conguito. Pola súa parte, González Gurriarán e Méndez apuntan jaiba rubia, nécora francesa e conguito. Finalmente, Lahuerta e Vázquez danlle o nome de nécora de nós, adaptando sen dúbida o nome castelán que eles apuntan no seu Vocabulario, que é nécora nudosa.Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 210.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía González Gurriarán, E. e Méndez, M. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resume Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0. Ramonell, R. (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3. Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.

Outros artigos Braquiúros Portunoideos

Ligazóns externas Liocarcinus corrugatus no SIIT. Liocarcinus corrugatus no NCBI.

Categoría:Braquiúros Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1777