Mavilo Seguín Rodríguez foi un político galego.
Traxectoria Coa Segunda República e logo da repetición das eleccións municipais en maio, foi elixido alcalde de Baltar o 14 de xuño de 1931, cun goberno do que formaban parte Federico Araujo González como primeiro tenente de alcalde, Placer Valencia Lama segundo tenente de alcalde e Juan Vázquez Valencia síndico. Militante do Partido Republicano Radical, continuou no cargo até marzo de 1936. En 1939 era secretario do Xulgado Municipal.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Baltar Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República