Viloudriz (en castelán e oficialmente naquela época, Villaodrid) foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1845 e 1963 en que se fusionou no concello da Pontenova.

Historia En 1845, os antigos concellos de Miranda e Conforto uníronse para formar o de Viloudriz. En 1963 o concello de Puente Nuevo fusionouse co de Viloudriz, chamándose até 1979 Puente Nuevo-Villaodrid. O 9 de xuño dese ano pasou a chamarse oficialmente A Pontenova.

O concello mantivo minas de mineral de ferro e foi extremo da liña de ferrocarril Ribadeo-Viloudriz para dar saída a dita produción mineira.

Categoría:Concellos desaparecidos da provincia de Lugo Categoría:A Pontenova