Florencio de la Torre Carrillo, finado en Palencia en maio de 1940, foi un profesor, xornalista e político galego.

Traxectoria Foi catedrático de Matemáticas do Instituto de Ourense e director do mesmo. Viaxou ao estranxeiro como bolseiro pola Junta para Ampliación de Estudios en 1927. Colaborou en Heraldo de Galicia, onde publicaba a sección "Apuntes de Roma". Na República formou parte da Agrupación Socialista de Ourense.La Lucha, 3-10-1931, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado, separado da cátedra e sufriu expediente de incautación dos seus bens.Diario de Pontevedra, 1-3-1937, p. 2. Foi sancionado cunha multa de 500.000 pesetas o 26 de xullo de 1937. Marchou a Palencia, onde vivía a súa nai Anastasia Carrillo de la Torre. Finou en Palencia en maio de 1940.Necrolóxica en La Región, 7-5-1940, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Florencio de la Torre Carrillo.

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Finados en 1940 Categoría:Nados en Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Pensionados da JAE