Construcciones Gaitán foi un fabricante español de automóbiles con sede en Sevilla, con actividade entre 1951 e 1953.
Historia e características Esta empresa, con sede na cidade de Sevilla foi fundada en 1936 co obxectivo de reparar e alugar bicicletas e derivados, ampliando a súa gama de produtos cos anos con motores de apoio e vehículos para discapacitados. En 1951 comezou coa produción de automóbiles, unha actividade que perduraría ata 1953. A marca baixo a que se venderon estes coches foi Gaitán. A actividade da empresa acabaría por completo en 1996.
Modelos A compañía empezou a producir principalmente vehículos para persoas con discapacidade. Os seus microcoches nunca pasaron de ser prototipos de tres rodas, xa fora a roda independente dianteira ou traseira. A tracción sempre estaba confiada á roda independente, movida por un motor de 125 cm³. Presentáronse con carrozarías de aluminio, algo pouco común na época, xa como convertibles ou tipo ovo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Harald Linz e Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie, United Soft Media Verlag GmbH, Múnic 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8 Nick Georgano: The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 2 G–O, Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1
Categoría:Fabricantes de automóbiles de España