Bión de Esmirna, o último poeta pastoril grego cuxo nome coñecemos. Traxectoria Viviu a finais do século -II e é práctica habitual unilo ao poeta pastoril Mosco de Siracusa. Non sabemos practicamente nada da súa vida. Segundo o anónimo Lamento por Bión (atribuído a Mosco), viviu en Sicilia e morreu por envelenamento. Escribiu en hexámetros, en dórico literario, e conservamos dezasete fragmentos dos seus poemas (algúns dos cales poida que estean completos). A partir do Renacemento atribuíronlle o Lamento por Adonis, destinado quizais a ser recitado nun festival. O elemento pastoril na súa obra é escaso, pois a maior parte dos seus poemas son de tema amoroso, tratado con desenfado. Véxase tamén Ligazóns externas Lista de Autores e Obras do Diccionario Griego-Español. Pierre Alexis Pierron: Historia da literatura grega (Histoire de la littérature grecque, 1850). Entrada de «Bión de Esmirna e Mosco de Siracusa» (Bion et Moschus). Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Sobre Bion de Esmirna e Mosco de Siracusa. Texto francés no sitio de Philippe Remacle. Poemas de Bión de Esmirna. Textos ingleses no sitio Theoi; ed. de 1912 de John Maxwell Edmonds (1875 - 1958) na Loeb Classical Library. Bion de Esmirna: Idilios. Texto francés no sitio de Ph. Remacle. Mosco de Siracusa: Idilios, IV: Lamento pola morte de Bión (Επιταφιος Βιονος). Texto español en PDF. Texto grego no Proxecto Perseus; ed. de John Maxwell Edmonds (1875 - 1958). Empregando o rótulo activo "load", que se atopa na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto. Bion de Esmirna no Proxecto Perseus. L´Année Philologique, a enciclopedia bibliográfica do mundo clásico que recolle todo o publicado cada ano (dispoñíbel en Rede e impreso Suidas, a enciclopedia bizantina do século XI en liña
Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Lírica Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Personalidades da Grecia antiga