O ganso de Hawai (Branta sandvicensis), tamén coñecido coma nēnē na lingua hawaiana, é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae endémica das illas Hawai.
Adaptada a unha vida terrestre entre os paraxes volcánicos, estivo a punto de se extinguir a mediados do século XX pola introdución de porcos, ratas e gatos nas illas (caso común entre todos os endemismos insulares); dunha poboación salvaxe de 25.000 individuos pasouse a só 34 nos anos cincuenta. Por sorte para a especie é doada a súa reprodución nos zoolóxicos, onde hoxe son máis abundantes que no seu propio medio natural.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Branta Categoría:Fauna de Oceanía Categoría:Animais descritos en 1833