O requeté foi a organización paramilitar do carlismo. Fundouna Joan Maria Roma como unha organización xuvenil do carlismo en 1907 e tiña como voceiro a Lo Mestre Titas.
Historia Baixo a dirección de Joaquín Llorens converteuse a partir de 1913 na organización paramilitar do carlismo seguindo o exemplo dos Camelots du Roi, mantivo escasa actividade nos anos da primeira guerra mundial, reactivouse en 1920 baixo a dirección de Juan Pérez Nájera e sobre todo tras a proclamación da Segunda República Española en Navarra, onde había uns 10.000 requetés organizados. En 1932 Enrique Varela fíxose cargo da xefatura dos requetés que estruturou militarmente, dende a unidade básica a patrulla que compuñan 5 boinas vermellas e un xefe, o requeté que formaba unha compañía de 246 homes e por último o terzo que estaba formado por tres compañías. Ricardo Rada fíxose cargo da organización en 1935 e en xullo de 1936 os requetés sumaban 30.000 homes. Durante a Guerra civil española os terzos de requetés tiveron unha actuación destacada, especialmente en Navarra e en menor medida no País Vasco. En total constituíronse 41 terzos: 10 compostos por navarros, 8 por vascos, 8 por casteláns, 7 por andaluces, 6 por aragoneses, 1 por asturiano e 1 por catalán. Calcúlanse que arredor de 60.000 requetés participaron na guerra e deles uns 6.000 morreron
Galicia Durante a guerra civil en Galicia formáronse as seguintes compañías de requetés:
Compañía do Apóstolo Santiago, que formaban 200 homes procedentes de Santiago de Compostela. Compañía de Requetés de Ourense, que formaban 123 homes procedentes de Ourense. Compañía de Requetés de Pontevedra. Véxase tamén
Bibliografía Aróstegui, Julio (1991). Los combatientes carlistas en la Guerra Civil española 1936-1939. Madrid.
Categoría:Organizacións paramilitares en España Categoría:Carlismo