Casa Manola é unha serie de televisión, do xénero da comedia, con guión de Jacobo Paz Limia e Xosé Antón Moure Ferreiro, producida por Filmanova para Televisión de Galicia dende 2014.
Descrición A serie grávase sen decorados (en escenarios naturais) na Casa dos Noche, na parroquia de Colantres, concello de Coirós.A revista 4/4/2014.
Argumento Manola e Barrantes, irmáns, aproveitando unha subvención, reforman a casa facendo unha casa de turismo rural. Por quedar sen traballo, Nacho -fillo de Manola- e a súa muller teñen que deixar a cidade da Coruña e ir vivir á casa acabada de reformar.Corte a corte 8/4/2014.
Intérpretes María Costas - Manola, propietaria da casa. Evaristo Calvo - Barrantes, irmán de Manola (tío de Nacho). Víctor Mosqueira - Nacho, fillo de Manola. Isabel Blanco - Vero, muller de Nacho. Santi Romay - Sindo, taberneiro. Episódicos: Santi Prego, Miro Magariños (Cabanés), Antonio Mourelos, Laura Ponte Santasmarinas, Camila Bossa, Luísa Merelas, Milo Taboada, Marcos Orsi, Belén Constenla, César Cambeiro Quintela, Carolina Vázquez, Alfonso Agra, Xabier Deive, Estíbaliz Veiga...
Tempadas Primeira tempada (6 episodios) # Título Data de emisión
Segunda tempada # Título Data de emisión
Terceira tempada # Título Data de emisión
Audiencia Na súa estrea alcanzou un 15,8 % de share, 5,1 puntos por enriba da media da cadea no día de emisión, con 185.000 espectadores. Ademais, Casa Manola foi o programa máis visto do día por detrás do Telexornal das 14:30 h, a pesar da competencia na noite do luns: La que se avecina (Telecinco), Isabel (TVE), Top Chef (Antena 3), CSI (Cuatro)...
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Nos Premios Mestre Mateo de 2014, Casa Manola estivo nomeado en 2 categorías, mais non colleitou ningún premio. Ano Categoría Receptor Resultado2014Mellor serie de televisiónFilmanova para TVGNomeadoMellor dirección de produciónXabier EirísNomeado
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mofa e Befa Ligazóns externas
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega Categoría:Series de televisión iniciadas en 2014