Alejandro González Iñárritu, nado na Cidade de México o 15 de agosto de 1963 é un director de cinema mexicano.

Traxectoria Nado na cidade de México, entre os dezasete e os dezanove anos, viaxou por Europa e África. El mesmo declarou que estas viaxes influíron no seu cinema.

De volta en México estudou comunicación na Universidade Iberoamericana e en 1984 comezou a súa carreira radiofónica na emisora musical WFM, da que se converteu en director catro anos máis tarde. Entre 1987 e 1989 tamén compuxo a banda sonora de seis filmes mexicanos.

Na década de 1990 fundou Z Films con Raúl Olvera, coa que comezou a escribir, producir e dirixir curtametraxes e anuncios, para pasar logo á dirección de televisión en 1995.

En 1999 dirixiu a súa primeira longametraxe, Amores perros, escrita por Guillermo Arriaga. Estreado no Festival de Cannes, foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa entre outros premios e deu a coñecer o actor Gael García Bernal. Tralo éxito, Iñárritu e Arriaga volveron á estrutura de historia ligadas con 21 Grams, con Benicio del Toro, Naomi Watts e Sean Penn.

Os seus seguintes filmes foron Babel, rodada en catro países de tres continentes e en catro linguas e Biutiful, con Javier Bardem, Birdman, e The Revenant. Con estes dous últimos filmes gañou o Óscar ao mellor director en anos consecutivos 2014 e 2015.

Filmografía Longametraxes Amores perros (2000) 21 Grams (2003) Babel (2006) Biutiful (2010) Birdman (2014) The Revenant (2015)

Curtametraxes Detrás del dinero (1995) (TV) El Timbre (1996) Powder Keg (2001) (Serie "The Hire" para BMW) 11'09"01 September 11 (2002) Chacun son cinema (2007) (episodio "ANNA")

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista sobre Amores Perros Entrevista en Sounds and Colours sobre Biutiful

Categoría:Directores de cinema de México Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1963 Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Mexicanos de ascendencia vasca Categoría:Óscar ó mellor guión orixinal