Constante Liste Forján, nado en Calo (Teo) o 30 de xaneiro de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1936, foi un canteiro, sindicalista e político galego.

Traxectoria Canteiro de Teo, era irmán de Enrique e Faustino Liste. Foi fundador e presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo. Logo da vitoria de Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e tenente de alcalde de Teo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no cárcere do Pazo de Raxoi, de onde o sacaron para ser asasinado. O seu cadáver non apareceu.

Recoñecementos En 2003 puxéronlle o seu nome ao Centro Socio-Cultural da Ramallosa.

Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía Enrique Lister (militar)

Categoría:Concelleiros de Teo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Teo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos