Henri Léopold de Fiennes, nado en Sacramento (California) o 13 de marzo de 1898 e finado en Hollywood, nos Ánxeles, o 11 de febreiro de 1985, foi un director de cinema e produtor estadounidense, coñecido por Henry Hathaway.

Traxectoria Naceu en California, fillo do actor estadounidense Rhody Hathaway (1868–1944), e a aristócrata belga de orixe húngara Marquise Lillie de Fiennes (1876–1938), que tamén actuaba co nome artístico de Jean Hathaway.

Comezou a traballar no cinema mudo en 1925 como axudante de directores como Victor Fleming e Josef von Sternberg e con eles pasou ao cinema sonoro. Debutou en 1932 co western Heritage of the Desert, baseado nunha novela de Zane Grey, no que Randolph Scott tivo o seu primeiro papel protagonista.

Durante a década de 1940 dirixiu filmes semidocumentais con estilo de cinema negro, como The House on 92nd Street (1945). Nos anos sesenta dirixiu a John Wayne en varios filmes destacados, como Valor de lei (1969), co que Wayne gañou o Oscar ao mellor actor.

Filmografía

Heritage of the Desert (1932) Wild Horse Mesa (1932) The Thundering Herd (1933) Under the Tonto Rim (1933) Sunset Pass (1933) Man of the Forest (1933) To the Last Man (1933) The Last Round-Up (1934) Now and Forever (1934) The Lives of a Bengal Lancer (1935) Peter Ibbetson (1935) The Trail of the Lonesome Pine (1936) Souls at Sea (1937) The Real Glory (1939) Johnny Apollo (1940) The Shepherd of the Hills (1941) Ao caer o día (1941) China Girl (1942) Wing and a Prayer (1944) The House on 92nd Street (1945) The Dark Corner (1946) Kiss of Death (1947) 13 Rue Madeleine (1947) Call Northside 777 (1948) Down to the Sea in Ships (1949) The Black Rose (1950) The Desert Fox: The Story of Rommel (1951) Fourteen Hours (1951) Rawhide (1951) Diplomatic Courier (1952) Niagara (1953) White Witch Doctor (1953) Garden of Evil (1954) O príncipe valente (1954) The Bottom of the Bottle (1956) 23 Paces to Baker Street (1956) Legend of the Lost (1957) Do inferno a Texas (1958) Woman Obsessed (1959) Seven Thieves (1960) North to Alaska (1960) A conquista do Oeste (1962) (codirixida con John Ford e George Marshall) O fabuloso mundo do circo (1964) The Sons of Katie Elder (1965) Nevada Smith (1966) The Last Safari (1967) O poquer da morte (1968) Valor de lei (1969) Airport (1970) (só algunhas escenas) Raid on Rommel (1971) Círculo de lume (1971) Hangup'' (1974)

Véxase tamén Ligazóns externas

Henry Hathaway en Find a Grave

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Sacramento Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1985