La Ciudad foi un semanario editado en Ourense en 1917. Historia e características Semanario independente subtitulado Defensor "de verdad" de los intereses locales y provinciales, apareceu o 6 de decembro de 1917. Figuraba como director Gustavo Valencia Pérez, pero exercía de director efectivo o seu fillo Ceferino Valencia Nóvoa. Foi denunciado e suspendido polas súas campañas de política local.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Ourense
Categoría:1917 en Galicia