Richard James Cushing, nado o 24 de agosto de 1895 en Boston (Massachusetts) e finado o 2 de novembro de 1970 ib., foi un eclesiástico estadounidense, cardeal da Igrexa Católica e arcebispo de Boston. Traxectoria Richard Cushing naceu no distrito de South Boston, fillo dos inmigrantes irlandeses Patrick Cushing e Mary Dahill Cushing. Cursou os seus estudos de Filosofía e Teoloxía en Boston e en Brighton. O 26 de maio de 1921 foi ordenado sacerdote, e posteriormente traballou na arquidiocese de Boston.
En 1939 Cushing foi nomeado bispo titular de Mela e bispo auxiliar de Boston. Recibiu a consagración episcopal o 29 de xuño de 1939 polo arcebispo William Henry O'Connell, sendo os bispos co-consagrantes John Bertram Peterson e Thomas Addis Emmet.
O 25 de setembro de 1944 foi nomeado arcebispo de Boston polo papa Pío XII. O 15 de decembro de 1958 o papa Xoán XXIII creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Susanna.
Richard Cushing participou entre 1962 e 1965 no Concilio Vaticano Segundo. En 1963 oficiou o funeral polo presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy. En 1965 consagrou, como legado pontificio, a catedral de Galway, en Irlanda. Deixou o goberno da arquidiocese por enfermidade o 8 de setembro de 1970, e finou pouco despois, o 2 de novembro do mesmo ano, e foi enterrado na capela da Colette School.
Distincións Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Portland en 1952, pola Universidade Nacional de Irlanda en 1958, e pola Universidade Santa María de Halifax o 12 de maio de 1959.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Finados en 1970 Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Cardeais creados por Xoán XXIII Categoría:Cardeais dos Estados Unidos de América Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Santa María de Halifax Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Portland Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo