Crónica Literaria foi un semanario editado en Ourense entre 1903 e 1904.

Historia e características Subtitulado Revista semanal de Literatura, Ciencias, Artes e intereses generales, apareceu o 1 de novembro de 1903. Dirixida por Luciano Cid Hermida. Publicación cultural de carácter aberto, publicaba poemas, contos, relatos, estudos literarios, críticas de arte, e tamén informaba de acontecementos locais. Entre os seus colaboradores figuraron Gerardo Álvarez Limeses, Manuel Lezón, José María Posada, Aurelio Ribalta, José Selgas e Vicente Medina. Cesou a súa edición co número 16, o 17 de febreiro de 1904.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1903 en Galicia