O Rally de Galicia Histórico foi unha proba de rally de vehículos históricos que se disputou anualmente na localidade de Melide e arredores de 2009 a 2012. Estaba organizada pola Escudería Melide MotorSport e era puntuable para o Campionato de España de Rally para Vehículos Históricos tanto na modalidade de velocidade como na de regularidade.

O vencedor das catro edicións disputadas foi o piloto melidense Jesús Ferreiro.

Historia

2009 A Escudería Melide MotorSport organizou a primeira edición en 2009, que discorría polos concellos de Melide, Sobrado, Santiso e Toques. Inscribíronse 41 pilotos, entre os que destacaban o campión de Europa e nove veces campión de España Antonio Zanini, Antonio Sainz, irmán de Carlos Sainz, ou Jesús Ferreiro, campión de España de históricos en 2007 e nado en Melide. Ernesto Rumbo conduciu o coche 000, con Luís Moya de copiloto, mentres que Zanini e Pedro García conducían o 00 e Txus Jaio o coche 0. Finalmente Jesús Ferreiro, xunto co seu copiloto Roberto Lorenzo e conducindo un Ford Escort MK1, foi o gañador final do rally, seguido por Manuel Muniente e con Sainz terceiro.

2010 Na segunda edición do rally, en setembro de 2010, destacaban as presenzas de Sergio Vallejo a bordo dun Ford Escort RS 2000 MK1, Antonio Sainz nun Ford Escort RRS ou o exfutbolista Santiago Cañizares cun Alpine A-110. Pero a vitoria volveu ser para Jesús Ferreiro, quen debido aos problemas dos seus rivais, rematou con case cinco minutos de vantaxe sobre o Opel Ascona do segundo, Javier García. Completou o podio Antonio Sainz.

2011 esquerda|miniatura|Porsche 911 de Jesús Ferreiro na edición de 2012. A edición de 2011 contou entre os inscritos co exministro Miguel Arias Cañete, con Peitos, de novo con Cañizares e con Manuel Senra co seu Peugeot 309 como un dos "coches 0", pero o protagonista volveu ser Ferreiro, que esta vez cun Porsche 911 Carrera RS 3.0 venceu en todos os tramos excepto o último, sacándolle case dous minutos ao asturiano Juanjo Ordiales, segundo, mentres que Antonio Sainz volveu ser terceiro.

2012 miniatura|Alpine A110 de Luis Aragonés, na edición de 2012. A edición de 2012 foi a que contou cun maior número de pilotos inscritos, 82, e como novidade estableceu a Praza de Obradoiro de Santiago como punto de partida do rally, que incluíu tramos por Visantoña, Melide, Toques, Sobrado e Santiso. Luis Moya volveu copilotar un dos coches 0 e ademais foi nomeado "Presidente de Honra" do rally. A vitoria volveu ser para o Porsche do piloto local, Jesús Ferreiro, que ademais con este triunfo se proclamaba por segunda vez campión de España de vehículos históricos. Antonio Sainz e Juanjo Ordiales acompañaron ao galego no podio.

2013 miniatura|Audi Quattro de Manuel Antonio Gómez, na edición de 2012. En 2013 o rally suspendeuse debido á falta de apoio financeiro.

Palmarés

Ano Edición Piloto Copiloto Automóbil Series20091º Rally de Galicia Jesús Ferreiro Roberto LorenzoFord Escort MK1ESP20102º Rally de Galicia Jesús Ferreiro Martín SegadeFord Escort RS 2000 MKIESP20113º Rally de Galicia Jesús Ferreiro Martín SegadePorsche Carrera RS 3.0ESP20124º Rally de Galicia Jesús Ferreiro Javier AnidoPorsche Carrera RS 3.0ESP G. GorroñoM. OleagaFord Escort RS 2000 MK II 2013SuspendidoESP

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial Galería de imaxes da edición de 2010

Categoría:Probas de rally en Galicia Categoría:Deporte en Melide