miniatura|230px|Cephalophus natalensis. miniatura|230px|Cephalophus nigrifrons. miniatura|230px|Philantomba monticola. miniatura|230px|Sylvicapra grimmia.

A dos cefalofinos (Cephalophinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, que comprende 3 xéneros cunhas 20 especies de pequenos antílopes africanos,Wilson & Reeder (2005): Mammal species of the world. que son coñecidos como cefalofos o duiqueros.

Características Son pequenos antílopes, ás veces moi pequenos, que adoitan dividirse en dous grupos baseados no seu hábitat: cefalofos ou duiqueros de bosque e cefalofos ou duiqueros de matogueira. Todas as especies de bosque habitan nas selvas tropicais da África subsahariana, mentres que o único coñecido de matogueira, Sylvicapra grimmia, ocupa as sabanas arbustivas. Son animais moi tímidos e esquivos que prefiren as zonas con densa cobertura vexetal.Dorst, J. et al. (1973), p. 252.Haltenorth, T. et al. 1986), p. 40.

Debido á súa rareza e ás súas poboacións mesturadas, non se sabe moito sobre os cefalofos, polo que as xeneralizacións baséanse sobre todo nas especies máis estudadas, o cefalofo de Natal (Cephalophus natalensis), o cefalofo silvicultor (Cephalophus silvicultor) o cefalofo azul (Philantomba monticola), e o duiquero común ou duiquero gris (Sylvicapra grimmia).

Os membos do primeiro grupo (xéneros Cephalophus e Philantomba) teñen un perfil que lles dá a aparencia de estaren de crequenas, co lombo moi arqueado. Teñen as patas curtas, e proporcionalmente finas, as dianteiras a miúdo lixeiramente máis curtas ca as traseiras. A cabeza, dirixida cara ao chan, presenta unha crista frontal ben desenvolvida, de pelos longos entre os cornos, que chegan a ocultar ás veces. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son curtos (ás veces, moi curtos), rectos, de sección triangular aplanada, e dirixidos cara a atrás, continuando a liña do perfil do fociño. A pelaxe é uniforme, lisa e lustrosa.

O segundo grupo está constituído, como quedou dito, por unha única especie, Sylvicapra grimmia. Esta ten o lombo máis ben recto. A crista entre os cornos está ben desenvolvida. Os cornos (xeralmente presentes só nos machos) son longos, finos, de sección circular, rectos e dirixidos cara a arriba.

En zonas da selva tropical africana, a poboación local caza cefalofos para aproveitar a súa pel, carne e cornos, que alcanzan elevados prezos nos mercados da zona.Newing, H. (2000): "Bushmeat hunting and management: implications of duiker ecology and interspecific competition". Biodiv. and Conserv. 10: 99–118.

Clasificación

Subfamilia Cephalophinae Xénero Cephalophus Cephalophus adersi Cephalophus brookeiNon admitida en NCBI, pero si en MSW. Cephalophus callipygus Cephalophus dorsalis Cephalopus harveyi Cephalophus jentinki Cephalophus leucogaster Cephalophus natalensis Cephalophus niger Cephalophus nigrifrons Cephalophus ogilbyi Cephalophus rubidus Cephalophus rufilatus Cephalophus silvicultor Cephalophus spadix Cephalophus weynsi Cephalophus zebra Xénero Philantomba Philantomba maxwellii Philantomba monticola Philantomba walteriNon admitida en MSW. Xénero Sylvicapra Sylvicapra grimmia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Bóvidos Antílope

Ligazóns externas Cephalophinae en Tree of Life. Cephalophinae no SIIT. Cephalophinae en ADW. Cephalophinae no NCBI.

Categoría:Bóvidos Categoría:Antílopes