Manuel Pereiro Rey, nado en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1832 e finado en Ourense o 16 de xuño de 1901El Imparcial, 17-6-1901, p. 3., foi un comerciante, banqueiro e político galego.
Traxectoria miniatura|Artigo de Pereiro na portada de El Trabajo. Desenvolveu a maioría da súa actividade económica en Ourense, onde se aveciñou definitivamente logo do seu matrimonio con Avelina Romero Pérez, pertencente a unha influente familia local, entre os que destacan os Pérez Bobo. Colaborou en El Orensano e en El Trabajo. Militante do Partido Conservador, aínda que crítico con Saturnino Álvarez Bugallal, foi alcalde de Ourense en 1879 e volveu selo en 1895. Foi presidente da Comisión do centenario do P. Feijóo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Alcaldes de Ourense
Ligazóns externas Pequena biografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1832 Categoría:Finados en 1901