San Pedro de Vilar é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Pontedeume. Segundo o IGE en 2013 tiña 754 habitantes (394 mulleres e 360 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1013 habitantes.
Os principais núcleos de poboación son Campo Longo e a urbanización Olmo.
Historia En 1884 Vilar e Breamo perderon os barrios e lugares do Picho, Porto, Fontenova, Souto da Vila, Fieitela, Penedos e Aguabar, pois foron anexados á parroquia urbana de Pontedeume.
Lugares e parroquias Lugares de Vilar
Parroquias de Pontedeume
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontedeume
Categoría:Parroquias de Pontedeume Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro