Ricardo Blázquez Pérez, nado en Villanueva del Campillo (Ávila) o 13 de abril de 1942, e un eclesiástico católico castelán, actualmente arcebispo metropolitano de Valladolid.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote da diocese de Ávila o 18 de febreiro de 1967 polo seu bispo, Santos Moro Briz.

O 8 de abril de 1988 foi nomeado bispo titular de Germa in Galatia e bispo auxiliar de Santiago de Compostela, cando a arquidiocese estaba gobernada por Antonio María Rouco Varela. Recibiu a ordenación episcopal o 29 de maio, de mans do mesmo arcebispo, sendo os co-consagradores principais o arcebispo de Madrid Ángel Suquía e o nuncio apostólico Mario Tagliaferri.

O 29 de maio de 1992 foi nomeado bispo de Palencia. O 8 de setembro de 1995 foi nomeado bispo de Bilbao. Como bispo de Bilbao consagrou como bispos aos auxiliares Carmelo Echenagusia, en 1995, e Mario Iceta, en 2008. O 13 de marzo de 2010 foi nomeado arcebispo metropolitano de Valladolid. En 2014 foi elixido para suceder ao cardeal Rouco á fronte da Conferencia Episcopal Española.

O 27 de xuño de 2015 Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais. Notas

Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Villanueva del Campillo Categoría:Cardeais de España Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais Categoría:Bispos da diocese de Palencia