Etta James, nada como Jamesetta Hawkins o 25 de xaneiro de 1938 nos Ánxeles e finada en 20 de xaneiro de 2012 en Riverside (California), foi unha cantante estadounidense. O seu estilo incluía varios xéneros musicais: blues, R&B, soul, rock and roll, jazz e gospel. Empezou a súa carreira en 1954, e gañou fama con sinxelos como "The Wallflower", "At Last", "Tell Mama", "Something's Got a Hold on Me" e "I'd Rather Go Blind". Na súa vida, fixo fronte a multitude de problemas persoais, como adicción ás drogas, mais volveu rexurdir a finais da década de 1980 co álbum Seven Year Itch.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Rage To Survive: The Etta James Story de Etta James e David Ritz. Da Capo Press, 1998. ISBN 0-306-81262-2. Icons of R&B and Soul, Volume 1 de Bob Gulla. Greenwood Press, 2007. ISBN 0-313-34044-7.
Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Enfermos de alzhéimer Categoría:Finados por leucemia