"Got to Be There" é unha canción escrita por Elliot Willensky para o artista estadounidense Michael Jackson, cuxa versión orixinal foi lanzada como un sinxelo en 1971 co selo Motown Records. A canción foi producida por Hal Davis e gravada nos estudios Motown's Hitsville West de Hollywood.

O sinxelo converteuse nun éxito inmediato, acadando o número un nas listas de sinxelos pop e de R&B, ó tempo que conseguía o número catro nas listas musicais de Billboard. Lanzado tamén nos países europeos, tamén tivo éxito alí, conseguindo o número cinco no Reino Unido. A canción foi composta como unha balada pop con elementos soul e soft rock.

Notas

Categoría:Sinxelos de 1971 Categoría:Cancións de Michael Jackson