Marea Atlántica é un movemento cidadán e político de esquerdas creado na cidade da Coruña cuxo primeiro obxectivo foi construír unha proposta política de converxencia de cara ás eleccións municipais de maio de 2015.
Gobernou en solitario o concello da Coruña entre xuño de 2015 e xuño de 2019, con Xulio Ferreiro como alcalde.
Traxectoria esquerda|miniatura|Xulio Ferreiro. A súa presentación formal como movemento celebrouse o 22 de xullo de 2014. O 26 de setembro, o seu manifesto conseguiu 2.500 sinaturas, unha condición que se marcara para continuar adiante co proceso de conformar unha candidatura unitaria.
O profesor de dereito da Universidade da Coruña, Xulio Ferreiro, foi o candidato da Marea Atlántica nas eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova, Compromiso por Galicia, Podemos ou Equo."Os partidos tan só ocupan a metade de postos na candidatura da Marea Atlántica" Praza Pública
O 12 de marzo de 2015 foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos baixo as siglas MAREARexistro de Partidos Políticos Páxina web do Ministerio do Interior. Consultado o 31 de xullo de 2015..
No primeiro reconto de votos tras as eleccións foi a forza máis votada, con 36.842 votos fronte a 36.838 do PP, ambos os dous co 30,89% dos votos e 10 concelleirosA Marea Atlántica gana as eleccións do 24M na Coruña por catro votos www.lavozdegalicia.es, 25/05/2015.. Unha semana despois, a Xunta Electoral decidiu dar por válidos algúns dos votos reclamados dando como resultado final 36.885 votos ao PP fronte a 36.857 da Marea, co mesmo repartimento de concelleirosEl PP gana las elecciones por una diferencia de 28 votos sobre Marea Atlántica www.elidealgallego.com, 30/05/2015 .
Dende o 13 de xuño de 2015 e ata o 15 de xuño de 2019, a Marea Atlántica gobernou en solitario a cidade da Coruña. Xulio Ferreiro foi nomeado alcalde co apoio dos votos de PSdeG-PSOE e BNGFerreiro e a Marea rebordan ilusión na súa investidura: "A praza entrou no pazo" praza.gal, 13/06/2015.. Na seguinte lexislatura non puido repetir os resultados e pasou a ser a terceira forza do concello, a segunda de esquerdas por detrás do PSdeG.
Resultados electorais Na súa primeira participación nuns comicios municipais en 2015 conseguiu un total de 10 concelleiros, os mesmos que o Partido Popular, o que lle permitiu o acceso ao goberno local. Marea Atlántica entrou tamén na Deputación da Coruña con tres deputados provinciais. Nas eleccións municipais de 2019 conseguiu seis escanos acadando a alcaldía da cidade o PSOE. Os discretos resultados motivaron o abandono da corporación do exalcalde Xulio Ferreiro.
No mes de xullo de 2020, trinta e un simpatizantes e militantes, entre eles os exconcelleiros Rocío Fraga, María Eugenia Vieito e José Manuel Sande presentaron unha "Carta aberta á REDE da Marea Atlántica" que sinalaba que na organización "non houbo autocrítica despois das eleccións municipais de 2019". En setembro deses mesmo ano, un dos concelleiros da grupo municipal, Xiao Varela, dimitiu tamén do seu cargo. A súa decisión deu paso á seguinte candidata na listaxe electoral, Isabel Faraldo. Esta nova concelleira decidiu non integrarse no grupo político da marea, optando polo seu paso ao grupo mixto.
En abril do 2022 os cinco concelleiros restantes da Marea Atlántica anunciaron a renuncia a presentarse como candidatos nas eleccións municipais de 2023.
AnoCandidatoRepresentantesPorcentaxeDiferenzaVotosPorcentaxeDiferenza2023Xan Xove0 concelleiros -▼ 65 6274,70%▼ 19 6632019Xulio Ferreiro6 concelleiros22,22%▼ 425 29020,23%▼ 11 5672015Xulio Ferreiro10 concelleiros30,88%▲ 1036 85730,88%▲ 36 857
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Coruña Ligazóns externas O 15, xornal da Marea Atlántica
Categoría:A Coruña Categoría:Podemos Categoría:Marea Atlántica