miniatura|Lago e vila das Pontes. dereita|miniatura|Praia das Pontes creada artificialmente na beira do lago. O lago das Pontes de García Rodríguez, tamén chamado lago das Pontes é un lago artificial de 865 ha de superficieUno de los mayores lagos artificiales de Europa cubre la mina de As Pontes, situado no concello das Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña). O lago creouse a raíz dos traballos de recuperación e rexeneración da mina a ceo aberto que ocupaba o lugar do lago, da que se tiraba lignito para fornecer a Central térmica das Pontes de García Rodríguez.

O lago artificial creado por Endesa para encher o cavouco da mina das Pontes finalizouse en abril de 2012. Ten unhas dimensións de 5 quilómetros de longo e unha profundidade máxima de 206 metros. Para o seu enchido empregáronse as augas do río Eume, que pasa pola localidade, así como a acumulación das precipitacións.

É a segunda reserva hídrica máis grande de Galicia só por detrás do encoro de Belesar.

Recibe as augas dos ríos Maciñerira e da Ponte de Pedra entre outros moitos regatos, e verte o seu caudal no Eume aguas abaixo da vila das Pontes.

Historia Mina a ceo aberto das Pontes

A historia do lago comeza coa explotación da mina a ceo aberto da que se extraía lignito para fornecer a central térmica. Os traballos de extracción comezaron no ano 1976. Durante o período no que estivo en explotación tiráronse máis de 261 millóns de toneladas de lignito e máis de 697 millóns de m³ de terra, converténdose na mina a ceo aberto máis grande da Península Ibérica. A actividade desta mina levou consigo a creación de dous almacéns de cascallo para depositar toda a terra extraída así como un gran buraco central, de 288 metros de profundidade, provocado pola extracción da terra e mais do lignito. Logo de 31 anos de operación decidiuse clausurar a mina, o 31 de decembro de 2007.

Proxecto de recuperación do terreo esquerda|thumb|460px|Vista do lago en xaneiro de 2014 durante a realización do Ironman.

Unha volta clausurada a mina, a compañía Endesa, propietaria da mina, propuxo á Xunta de Galicia un proxecto para encher o oco deixado con 547 millóns de m³ de auga. Así mesmo, tamén se considerou rexenerar as marxes do encoro, que tamén estaban afectadas pola actividade mineira. Decidiuse optar por este proxecto ao considerar que era o máis viábel para a recuperación da contorna, xa que se atopaba enclavado en medio dun val no que as choivas acabarían por asolagar.

Para conseguir encher todo o foxo, houbo de derivar parte das augas do río Eume (96 hm³/ano), as augas superficiais do almacén exterior de cascallo (24 hm³/ano), as augas de escorrentía do propio oco (21 hm³/ano), e as augas da planta TEL (8 hm³/ano). Este proceso iniciouse en xaneiro de 2008, rematando o enchido no mes de maio de 2012. Porén o proxecto recibiu numerosas críticas por parte de grupos ecoloxistas.

Por outra banda, o proxecto foi galardoado en varias ocasións: co Premio 5 DÍAS 2013, outorgado a Endesa e entregado polo ministro de Economía español Luis de Guindos, polo mellor proxecto de responsabilidade social corporativa no seu labor de reconversión do meirande complexo mineiro-eléctrico de España. O xurado valorou “o compromiso da empresa cun lugar no que operou por anos e coma, unha vez finalizada a actividade, mantén a aposta por rexeneralo e colaborar coa sociedade local para unha reorientación da actividade da zona”.

En marzo de 2014, o aínda rei de España Xoán Carlos I entregou na Zarzuela o IX Premio da Fundación Fondo para a Protección da Natureza (Fondena) ao presidente de Endesa, Borja Prado, polo traballo da compañía na restauración da contorna da antiga mina das Pontes, que permitiu a creación do lago e dun novo ecosistema.

Riscos potenciais Porén, non todo o mundo aplaude a creación do lago. Grupos ecoloxistas manifestaron a súa oposición, ademais do catedrático da Universidade da Coruña e director do Instituto Xeolóxico Universitario, Juan Ramón Vidal Romaní, quen alertou do risco sísmico que supón a existencia do lago, alegando que hai unha falla que bordea parte do xacemento de lignito. Dita falla é da mesma familia da que pasa por Santo André de Teixido, onde está constatado o movemento de terras por mor da falla. A todo isto hai que engadir que a comarca ten historial sísmico o que fai aumentar o risco de tsunami, dada a gran cantidade de auga almacenada no lago e a súa considerable extensión. A auga liberada polo tsunami iría encamiñada polo río Eume e sobardaría o encoro da Capela para continuar polas fragas do Eume nas que producirían un desastre ecolóxico de considerables dimensións.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia Ligazóns externas O lago artificial das Pontes www.lagodeaspontes.com

Categoría:Deporte en Galicia Pontes Categoría:Patrimonio natural de Galicia Categoría:As Pontes de García Rodríguez