miniatura|Tripla hélice do tropocoláxeno, unha proteína fibrosa. As proteínas fibrosas (ou fibrilares ou filamentosas), tamén chamadas escleroproteínas, son proteínas de forma alongada e insolubles con función estrutural. Constitúen un dos grandes tipos estruturais de proteínas, xunto coas proteínas globulares.

Exemplos son as queratinas, o coláxeno, a elastina, e a fibroína. As funcións exercidas por estas proteínas son estruturais, como o sostén, protección, formación do tecido conectivo, tendóns, tecido óseo, e tecido muscular.Fibrous proteinThe Free Dictionary ScleroproteinMerriam Webster dictionary Scleroprotein

Estrutura As escleroproteínas forman longos filamentos proteicos, formados por moitas moléculas da proteína. Aparecen como agregados insolubles, debido ás cadeas laterais hidrofóbicas que colgan da molécula.

A secuencia peptídica de moitas escleroproteínas xeralmente contén unha variedade limitada de residuos de aminoácidos que se repiten; ás veces forman estruturas secundarias especiais, como a hélice do coláxeno. As estruturas a miúdo están enlazadas coas adxacentes por medio de enlaces de hidróxeno ou de pontes disulfuro entre cisteínas.

En xeral, as escleroproteínas non se desnaturalización tan facilmente como as proteínas globulares, e son practicamente insolubles en auga e inertes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Branden, Carl, e Tooze, John (1991). Introduction to Protein Structure, 2nd edition. Nova York: Garland Publishing.

Ligazóns externas

Categoría:Proteínas Categoría:Estrutura das proteínas