Alternaria solani é un fungo do xénero Alternaria que ataca a familia das solanáceas de forma global, provocando unha doenza coñecida como pinta negra ou mancha de alternaria (en inglés coñecido coma early blight e en castelán coma tizón temprano).

Etioloxía O fungo tamén é patóxeno noutras solanáceas, sobrevivindo en restos de cultivos, solos e outros hospedeiros. A infección nas follas pode ocorrer de forma asintomática, dependendo da actividade do tecido foliar, nivel de fertilización nitroxenada e idade. A alternancia entre períodos secos e húmidos favorece o rápido desenvolvemento da doenza, sendo máis severa en plantas con estrés hídrico ou nutricional.

Sinais Ataca toda a parte aérea da planta, pecíolo e talo. Os sinais inicialmente son visíbeis nas follas máis vellas e baixas da planta, onde xorden pequenas manchas. Estas crecen posteriormente adquirindo un formato ovoide, de coloración escura e con zonas concéntricas características. Nos tubérculos, as lesións son escuras, de formato circular ou irregular e deprimidas.

Control As medidas de control son semellantes a do mildio da pataqueira (Phytophthora infestans), pois ambas ocorren moitas veces simultaneamente. O uso de sementes de patacas sadias sas é fundamental para o control. Algúns cultivares nacionais como Aracy e Contenda teñen resistencia intermediaria porén, non dispensan o uso de funxicidas.

Véxase tamén Ligazóns externas SCIELO: Control de Alternaria solani en tomateira por extratos de cúrcuma e curcumina - II. Avaliación in vivo

Categoría:Alternaria Categoría:Fitopatoloxía Categoría:Fungos descritos en 1896