Don Fino foi un periódico editado en Mondoñedo en 1921.

Historia e características Subtitulado Periódico quincenal, apareceu o 8 de xaneiro de 1921. O 5 de marzo cambiou o seu subtítulo por Periódico semanal, aínda que en realidade saía de xeito irregulat. Periódico satírico fundado e dirixido por Ramón Lorenzo González. Entre os seus colaboradores figuraban Leopoldo Rojo Iglesias, Ramón Rey e Cándido Carreiras. Constaba das seccións: "De palique", "Comentando...", "Nuestros hombres célebres", "Bocadillos", "Cosas" e "Noticias". Publicou en galego "A liberdade agraria", asinada co pseudónimo Maquiavelo, e "¡Máis coraxe!", de Antonio Noriega Varela. O director foi procesado e condenado pola publicación dun soneto que contiña inxurias e calumnias ao farmacéutico Manuel Ferreiro Varela. Cesou a súa publicación co número 26, o 12 de xuño de 1921.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo Ligazóns externas Fernández Vilalba, Xosé Isidro (10/6/2015) "Antonciño" e o xornal "Don Fino" Terra e Tempo.

Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:1921 en Galicia