O exarcado apostólico de Belarús foi un exarcado apostólico da Igrexa Católica Belarusa estabelecido en 1940, baixo xurisdición do arcebispo de Lviv dos ucraínos.

Historia En 1907 o Metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi obtivera do papa Pío X permiso para organizar a estrutura e a xerarquía da Igrexa Grecocatólica nos territorios de Rusia. Este privilexio lle sería confirmado polos seus sucesores Bieito XV e Pío XI. .

En base a este privilexio, en setembro de 1939, logo da invasión de Belarús Occidental (entón parte de Polonia) pola Unión Soviética, e pola extensión da influencia ortodoxa nas áreas baixo dominio soviético, o sínodo grecocatólico ucraíno decidiu nomear 3 exarcas encargados de crear a estrutura eclesiástica na URSS, que se sumarían a Klymentii Sheptytskyi: Yosyf Slipyi (Ucraína), Anton Niemancevič (Belarús) e Mykolai Charnetskyi (Volinia, Polesia e Podlasia). Inicialmente, de xeito temporal, o exarcado de Belarús foi confiado a Charnetskyi, até que Niemancevič foi nomeado exarca o 17 de setembro de 1940.

O exarcado apostólico, porén, deixou na práctica de existir cando o seu exarca Anton Niemancevič foi arrestado pola Gestapo o 4 de xullo de 1942. Aínda que de curta duración, a importancia desta xurisdición reside en que foi a primeira vez, dende a abolición forzosa da Unión de Brest en 1839, na que os fieis grecocatólicos belarusos recibiron unha circunscrición eclesiástica propia, independente da dos bispos latinos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Divisións territoriais católicas en Belarús Categoría:Exarcados