A igrexa de Santo André é un templo católico que se atopa na localidade de Aguilar de Campos (provincia de Valladolid).
Descrición De estilo gótico mudéxar, foi construído en pedra de cachotaría e ladrillo a mediados do século XIV por Fadrique Enríquez, almirante de Castela e conde de Benavente, cuxo escudo adorna o capitel dos piares dun antigo pórtico que enmarcan a porta do templo.
A planta consta de tres naves separadas por piares cruciformes que soportan arcos apuntados.
Unha bóveda de cruceiro cobre a cabeceira poligonal, outra de canón con lunetos a nave central mentres que bóvedas de aresta fan o propio coas naves laterais, cuxos albeiros descansan sobre modillóns decorados de estilo románico.
O presbiterio conta cun retablo maior de estilo neoclásico. O altar data de 1820 e foi costeado polo arcebispo de Burgos Manuel Cid Monroy.
Características A igrexa parroquial de Santo André é un edificio gótico mudéxar de mediados do século XIV. Está realizada con pedra de cachotaría e ladrillo sobre unha planta de tres naves separadas por piares cruciformes que soportan arcos apuntados. A porta principal está escoltada por dous piares dun antigo pórtico. Os seus capiteis mostran escudos dos Enríquez, fundadores do templo. Comezando polo presbiterio, o retablo maior é unha obra neoclásica, ó igual que dúas esculturas que mostran e que representan o Pai Eterno e Santo André, a quen está consagrado o templo. A decoración do altar se complementa con dous escudos e dúas pinturas. Foi costeado en 1820 por Manuel Cid Monroy, arcebispo de Burgos. O chan do presbiterio acolle varias lápidas sepulcrais. A pila bautismal, po-la súa parte, está decorada a base de flores de lis en relevo. O rolo é dos mais interesantes da provincia. Tratase dunha obra gótica, de finais do século XV e ornamentado, con varias bolas de pedra.
Notas
Categoría:Igrexas da provincia de Valladolid Categoría:Bens de Interese Cultural de Castela e León