A igrexa da Asunción de Benafarces é un templo católico que se atopa na localidade de Benafarces (provincia de Valladolid). Foi declarado Ben de Interese Cultural.
Características A igrexa de Santa María a Nova, igrexa parroquial dedicada á Nosa Señora da Asunción, foi construída en pedra no século XVI. De arquitectura renacentista con elementos góticos, conta cunha única e ancha nave cuberta cunha bóveda de canón apuntado do século XVIII apoiado en arcos faixóns.
Ó costado do lado da epístola atópase na portada, gardada por un pórtico con arco de medio punto e franqueada por columnas corintias que soportan un arco mixtilíneo cunha fornela.
A capela maior está cuberta por unha bóveda de cruceiro de terceletes. O retablo maior, obra barroca do século XVIII, conta cun só corpo tetrástilo e un ático-casca apuntado. Destaca entre tódalas imaxes a dunha Virxe co Neno.
Pese á sólida construción, a finais da década de 1990 e debido ás fortes choivas cederon parte dos cimentos derrubándose a torre e parte dos muros, recubríndose a parede fártante por unha enorme vidreira.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do templo, en provinciadevalladolid.com. Concello de Benafarces Benafarces, en inforural.com Benafarces , en clubrural.com Benafarces, en pueblos.elnortedecastilla.es Igrexa parroquial da Asunción (Colección de Fotografías)
Categoría:Igrexas da provincia de Valladolid Categoría:Bens de Interese Cultural de Castela e León Benafarces