Eduardo Andicoberry Ruiz, nado en Erandio (Biscaia) en 1888 e finado en Tetuán o 5 de xaneiro de 1948Necrolóxica en ABC, foi un xornalista, escritor e político español.

Traxectoria Criado e educado entre Sevilla e Cádiz, onde o seu pai xestionaba unha compañía comercial dedicada á exportación, principalmente de viños de Xerez. Pertenceu á Juventud do Partido Republicano Radical en Cádiz e foi redactor de El Radical Gaditano en 1908. Traballou en España Nueva, El Radical de Madrid, El Mundo, Semanario El Momento e dende 1919 foi redactor de El Imparcial até a súa desaparición definitiva en 1933 (do que foi o seu último director).

Coa proclamación da Segunda República foi candidato do Partido Radical pola provincia de Xaén nas eleccións a deputados de 1931, non resultando elixido. En 1932 foi nomeado secretario do Comité Nacional do Partido Radical. Logo do triunfo da coalición antimarxista, na que estaba integrado o PRR nas eleccións de decembro de 1933, foi nomeado gobernador civil de Lugo o 20 de decembro de 1933, permanecendo no cargo até o 28 de xuño de 1934, cando foi cesado por diferenzas co seu partido. Abandonou a política, o xornalismo e a literatura. En 1936 traballaba como operario nunha fábrica de gasosas.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en Madrid e posto a disposición dos Tribunales Populares de Urgencia por presunta desafección á República. Pasou un tempo na prisión de Porlier e foi finalmente posto en liberdade grazas ás testemuñas exculpatorias de significados dirixentes republicanos. No franquismo foi xefe de redacción na Xefatura de prensa do Protectorado Español de Marrocos.

Obras Lo que queda. Más que hembras, 1913. La felicidad, 1915. No son tan complejas, 1916. El horror del silencio, 1916. Tragedia sin sangre, 1917. El crimen de ser padre, 1918. La verdad de las cosas, 1923. Tartarín en Madrid, 1930.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía de Eduardo Andicoberry Ruiz

Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Nados en Erandio Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1948