Nasrala Pedro SufairTamén escrito Nasrallah Pierre Sfeir, Nasrallah Boutros Sfeir, Nasrallah Peter Sfeir, Nasrallah Boutros Sufayr, Nasrallah Butros Sfayr. O seu nome propio tamén aparece ás veces como Nasr Allah. (en , "Naṣrallah Buṭrus Ṣufayr"), nado en Raifun (Líbano) o 15 de maio de 1920 e finado o 12 de maio de 2019, foi o 76º Patriarca de Antioquía e de todo Levante da Igrexa católica maronita e bispo da Xubah-Sarba-Xuniah dende o 19 de abril de 1986 até o 26 de febreiro de 2011, permanecendo como patriarca emérito dende entón até o seu pasamento. Traxectoria Primeiros anos e sacerdocio Nasrala Sufair naceu en Raifun (eparquía de Sarba), no distrito de Kasaruan da gobernación do Monte Líbano, o 15 de maio de 1920. Estudou entre 1933 e 1936 na escola Mar Abda de Harharaya. Posteriormente cursou os estudos secundarios no seminario de San Marón de Rasir, e posteriormente estudou no seminario maior de Beirut entre 1940 e 1943.

Estudou Filosofía e Teoloxía na Facultade de Teoloxía da Universidade San Xosé de Beirut entre 1944 e 1950. O 7 de maio de 1950 foi ordenado sacerdote, e foi nomeado cura da parroquia de Raifun e secretario da arquieparquía de Damasco, cargo que mantivo até 1956, cando pasou a ser secretario do patriarcado maronita. Entre 1956 e 1961, ademais de secretario do patriarcado, foi profesor de tradución e filosofía na Escola Maronita dos Irmáns Maristas de Xuniah.

Episcopado O 19 de xuño de 1961 foi elixido bispo auxiliar de Antioquía, sendo confirmado o 23 de xuño, e recibindo o título de bispo titular de Tarso dos Maronitas. A súa elección foi confirmada polo papa Xoán XXIII o 23 de xuño de 1961. Recibiu a consagración episcopal o 16 de xullo de mans do patriarca de Antioquía Paulo II Pedro al-Mauxi.

No seu papel episcopal participou no Concilio Vaticano Segundo, e foi tamén posteriormente conselleiro espiritual da Soberana Orde de Malta.

Patriarcado O 19 de abril de 1986 foi elixido Patriarca de Antioquía. O 7 de maio de 1986 o papa Xoán Paulo II concedeulle a "comuñón eclesiástica":

O mesmo papa Xoán Paulo II creouno cardeal o 26 de novembro de 1994. O 26 de febreiro de 2011, con máis de 90 anos, o papa Bieito XVI aceptou a súa renuncia á sé patriarcal. Finou o 12 de maio de 2019.

Premios e distincións Ten sido nomeado doutor honoris causa por varias institucións académicas, amosadas a continuación en orde cronolóxica: 2005: Universidade de Fordham 2005: Universidade Católica de América 2008: Universidade Villanova

Obra

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil na web do Vaticano Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en CardinalRating.com

Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Nados en 1920 Categoría:Cardeais do Líbano Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Alumnos da Universidade San Xosé de Beirut Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Escritores do Líbano Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Fordham Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Villanova Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais Categoría:Finados en 2019 Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo