300px|miniatura|right|Esquema de como se obteñen anticorpos monoclonais a partir de hibridomas. Para producir o ZMapp os xenes que codifican os anticorpos son extraídos dos hibridomas de rato, transformados por enxeñaría xenética para substituír os compoñentes específicos de ratos por compoñentes humanos, e despois transfectados a plantas de tabaco. O ZMapp é un medicamento biofarmacéutico experimental que consta de tres anticorpos monoclonais quiméricos que se empezou a desenvolver como tratamento para a enfermidade do ébola. Dous dos seus tres compoñentes foron desenvolvidos orixinalmente polo Laboratorio de Microbioloxía Nacional da Axencia de Saúde Pública de Canadá, e o terceiro polo Instituto de Investigación Médica de Doenzas Infecciosas do Exército dos Estados Unidos; o cóctel foi optimizado por Gary Kobinger, un investigador do Laboratorio de Microboioloxía Nacional canadense e posteriormente acabou de desenvolverse baixo licenza de Mapp Biopharmaceutical. O ZMapp utilizouse por primeira vez en humanos durante a epidemia de ébola de 2014 en África occidental, e previamente só fóra probado en animais e non fora sometido a un ensaio controlado aleatorizado. O NIH estadounidense iniciou un ensaio clínico en xaneiro de 2015 con persoas de Serra Leoa, Guinea e Liberia que pretendía recrutar 200 persoas, pero a epidemia foi desaparecendo e o ensaio foi pechado nunha fase temperá, polo que os datos obtidos non eran estatisticamente significatvos para determinar se o ZMapp funcionaba ou non.

En 2016, un estudo clínico determinou que o ZMapp non era efectivo contra o ébola comparado con outros dous tratamentos.

Mecanismo de acción Igual que as terapias de inmunoglobilinas intravenosas, o ZMapp contén anticorpos neutralizantes que proporcionan unha inmunidade pasiva contra o virus ao reaccionaren directa e especificamente con el segundo o "modelo de chave e pechadura".

Investigación e desenvolvemento miniatura|Investigadores ollando diapositivas de cultivos de células que producen anticorpos monoclonais.

O fármaco ZMapp estao a desenvolver a compañía Leaf Biopharmaceutical Inc. de San Diego.Defyrus Press Release. 15 de xullo de 2014 Monoclonal Antibody-based Filovirus Therapeutic Licensed to Leaf Biopharmaceutical O ZMapp está composto por tres anticorpos monoclonais (mAbs) que foron humanizados por enxeñaría xenética. Os seus compoñentes son os anticorpos monoclonais humanizados c13C6 procedentes dun cóctel preexistente de anticorpos chamado "MB-003", e dous mAbs humanizados doutro cóctel diferente, o "ZMab", que se denominan c2G4 e c4G7.

O MB-003 foi creado por Mapp Biopharmaceutical Inc., de San Diego, que foi financiada polas axencias gobernamentais estadounidenses como o Instituto Nacional de Alerxias e Doenzas Infecciosas, a Autoridade de Desenvolvemento e Investigación Avanzada Biomédica, e a Axencia de Redución de Ameazas de Defensa.David Kroll for Forbes. 5 de agosto de 2014 Ebola 'Secret Serum': Small Biopharma, The Army, And Big TobaccoCenters for Disease Control and Prevention. Page last updated: 29 de agosto de 2014 Questions and Answers on Experimental Treatments and Vaccines for Ebola Os métodos de produción utilizados para fabricar o ZMapp foron financiados pola Axencia de Proxectos de Investigación Avanzada de Defensa (DARPA).Brian Till for the New Republic. 9 de setembro de 2014 DARPA May Have a Way to Stop Ebola in Its Tracks

O Zmab creouno a compañía de biodefensa Defyrus de Toronto, financiada pola Axencia de Saúde Pública do Canadá.Helen Branswell for The Canadian Press. Aug. 5, 2014 Experimental Ebola drug based on research discoveries from Canada's national lab A identificación dos compoñentes óptimos procedentes do MB-003 e ZMab levouna a cabo o Laboratorio de Microbioloxía Nacional da Axencia de Saúde Pública do Canadá con sede en Winnipeg.Helen Branswell for The Canadian Press 29 de agosto de 2014 Scientists at Canada’s National Lab created, tested Ebola drug ZMapp

Leaf Bio deu as licenzas dos cócteles preexistentes e colaborou coas compañías Mapp Biopharmaceutical e Defyrus para crear o ZMapp, o cal foi comercializado por Leaf Bio. Mapp Biopharmaceutical segue implicada na produción do fármaco a través dos seus contratos con Kentucky BioProcessing, unha compañía filial de Reynolds American.

MB-003

O MB-003 é un cóctel de tres anticorpos monoclonais humanos ou quiméricos humano-rato chamados c13C6, h13F6 e c6D8. Un estudo publicado en 2012 atopou que os macacos Rhesus infectados co virus Ébola (EBOV) sobrevivían se recibían o MB-003 (a mestura dos tres anticorpos monoclonais quiméricos) unha hora despois da infección. Cando foron tratados 24 ou 48 horas despois da infección, sobreviviron catro dun total de seis animais e mostraban pouca ou ningunha viremia e síntomas clínicos.

ZMAb

O ZMab é un cóctel de tres anticorpos monoclonais de rato chamados m1H3, m2G4 e m4G7. Un estudo publicado en 2013 atopou que os macacos infectados polo EBOV sobreviviron despois de que se lles administrase unha terapia cunha combinación de tres anticorpos monoclonais específicos para EBOV-GP (é dicir, para glicoproteínas de superficie do EBOV) (o ZMAb) 24 horas despois da infección. Os autores concluíron que o tratamento post-exposición e unha segunda exposición con dose letal despois de entre 10 e 13 semanas orixinaba unha resposta inmunitaria robusta.

ZMapp

Un documento publicado en 2014 describiu como a Mapp Biopharmaceutical e os seus colaboradores na Axencia de Saúde Pública do Canadá, Kentucky BioProcessing, e o Instituto Nacional de Alerxias e Doenzas Infecciosas dos Estados Unidos primeiramente humanizaron os tres anticorpos contidos no ZMab, despois probaron as combinacións de MB-003 e os anticorpos humanizados ZMAb en cobaias e seguidamente en primates para determinar a mellor combinación, a cal resultou ser unha mestura de c13C6 procedente do MB-003 cos anticorpos monoclonais humanizados c2G4 e c4GT procedentes de ZMab. Dita combinación é o ZMapp.

Nun experimento publicado en 2014, infectáronse 21 macacos Rhesus coa variante Kikwit congolesa do EBOV. A tres primates de control déuselle un anticorpo non funcional, e a outros 18 aplicóuselle o tratamento dividíndoos en tres grupos de seis. Todos os primates en tratamento recibiron tres doses de ZMapp, espazadas 3 días. O primeiro grupo de tratamento recibiu a súa primeira dose o terceiro día despois de ser infectado; o segundo grupo o cuarto día despois da infección, e o terceiro grupo o quinto día. Os tres primates do grupo de control morreron todos; pero todos os 18 primates en tratamento sobreviviron. A investigación continuou demostrando que o ZMapp inhibe a replicación da cepa guineana do EBOV en cultivos celulares.

Produción

Para crear un sistema que produza os anticorpos monoclonais humanizados a escala comercial, a compañía Mapp utilizou un proceso chamado "Plataforma de Fabricación de Anticorpos Rápida" ("Rapid Antibody Manufacturing Platform", RAMP), usando vectores virais magnICON (de ICON Genetics). Nun proceso rápido e escalable chamado "magnifección," inféctanse plantas de tabaco co virus, utilizando cultivos da bacteria Agrobacterium. Seguidamente, extráense os anticorpos producidos polas plantas e puirifícanse. Unha vez que se dispón dos xenes que codifican os anticorpos monoclonais humanizados, o ciclo de produción completo na planta do tabaco estímase que leva poucos meses. miniatura|A planta de tabaco da especie Nicotiana benthamiana inxectada cunha xiringa. O ZMapp fabrícase na planta de tabaco da especie Nicotiana benthamiana nun proceso de bioprodución que a compañía Kentucky BioProcessing (filial de Reynolds American) chama "pharming" .Fran Daniel for the Winston-Salem Journal. 12 de agosto de 2014 Ebola drug provided for two Americans by Reynolds American subsidiary

Uso en humanos

Nos Estados Unidos, para demostrar a seguridade razoable dun fármaco pode utilizarse a Regra de eficacia animal da FDA, xeralmente en combinación cun ensaio clínico en fase I, ou ben para obter permiso para tratar urxentemente a xente doente con fármacos que están baixo o programa de acceso expandido da FDA. A existencia da Regra de eficacia animal débese a que a vía normal para probar a seguiridade e eficacia dun fármaco non é posible de realizar en doenzas causadas por patóxenos ou toxinas perigosos.Alexander Gaffney for Regulatory Affairs Professionals Society News. 7 de agosto de 2014. Regulatory Explainer: What You Need to Know About the Regulation of Ebola Treatments A FDA permitiu que dous fármacos, o ZMapp e un fármaco que usa a interferencia de ARN chamado "TKM-Ebola", se utilicen en cidadáns americanos que sofren a enfermidade do virus Ébola baixo ditos programas.Pollack, Andrew (7 de agosto de 2014) Second Drug Is Allowed for Treatment of Ebola The New York Times, Consultado o 8 de agosto de 2014 Outros países teñen programas similares para permitir un acceso temperán a través de programas para pacientes concretos.

Tratamentos individuais En 2014 administrouse o fármaco a dous traballadores sanitarios infectados polo virus Ébola da organización humanitaria evanxélica Samaritan's Purse que traballaban en Liberia, baixo o programa de acceso expandido. Naquel momento só había en existencia unhas poucas doses de ZMapp. Ambos os traballadores recibiron o fármaco e foron transportados aos Estados Unidos, onde se recuperaron e foron dados de alta do hospital.

Un médico/relixioso expañol de 75 anos que tamén fora infectado en Liberia recibiu igualmente o ZMapp en coorperación coas autoridades sanitarias españolas, pero morreu no hospital poucos días despois de ser repatriado a Madrid."Aterriza en Torrejón de Ardoz el avión medicalizado con el sacerdote infectado de ébola", artigo en ABC, 6 de agosto de 2014 ."Las cenizas del misionero muerto por ébola serán enterradas el miércoles", artigo en ABC, 12 de agosto de 2014 .

Tamén foron tratados tres cidadáns liberianos que padecían a enfermidade, un dos cales morreu.

Unha enfermeira británica que se contaxiou co virus Ébola mentres traballaba en Serra Leoa, foi transportada ao Reino Unido e tratada con ZMapp, e conseguiu recuperarse. Todos os casos mencionados ocorreron en agosto de 2014.

Ademais destes tratamentos con ZMapp, unha traballadora norueguesa colaboradora de Médicos Sen Fronteiras en Serra Leoa que contraera o ébola foi tratada en outubro de 2014 en Oslo con ZMAb (véxase máis arriba), o cal contén dous dos tres anticorpos activos que ten o ZMapp.

A compañía Mapp anunciou o 11 de agosto de 2014 que se esgotaran as súas existencias de ZMapp. Posteriormente, a produción de novas doses do medicamento mellorado, permitiu envialo a outros países, por exemplo para a súa administración a Teresa Romero, a enfermeira galega contaxiada ao coidar os relixiosos españois repatriados a Madrid.Europa Press - Teresa Romero será tratada con el fármaco ZMAPP, que ya ha llegado a España.

Seguridade Na época da epidemia de ébola de 2014 o ZMapp non fora aínda probado en ensaios clínicos para apoiar o seu uso xeneralizado en humanos. Á vista do desenvolvemento do gromo epidémico de ébola de 2014, un panel de expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) anunciou o 12 de agosto de 2014 que "Nas particulares cuircunstancias deste brote, e con tal que se cumpran certas condicións, o panel chegou ao consenso de que é ético ofrecer intervencións non probadas con eficacia e efectos adversos aínda descoñecidos, como un tratamento potencial ou prevención."

Controversia